Ediciós do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Feita revisión lingüística
Liña 3:
 
[[Ficheiro:Indicador no complexo de Cerámicas do Castro.JPG|miniatura|Indicador no complexo de [[Cerámicas do Castro]], no [[O Castro, Osedo, Sada|Castro de Samoedo]], [[Sada]].]]
'''Ediciós do Castro''' é unha editorial galega fundada en [[Sada]], en [[1963]], ao amparo do [[Grupo Sargadelos]] como parte do complexo industrial [[Laboratorio de Formas]] impulsado por [[Isaac Díaz Pardo]]. Edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con [[Galicia]]. Ditas publicacións inclúen [[narrativa]], [[poesía]], [[Ensaio (literatura)|ensaio]], [[economía]], teatro, [[etnografía]], [[arte]] e [[historia]] entre outras.
 
 
== Traxectoria ==
Ediciós do Castro nace en 1963 como parte do conxunto de proxectos do Laboratorio de Formas. Esta editorial foi creada como canle para reconstruír a memoria e rexenerar a [[Identidade Galega|identidade galega]]. Supón un medio de edición escrita no que plasmar o ideario do Laboratorio de Formas, os documentos da [[memoria histórica]] e difundir con ela traballos que seguramente de outro xeito non se verían publicados dada a situación política nos anos 60. O grupo de escritores que conforman o catálogo de Ediciós do Castro son autores que xa están asentados no mundo da creación literaria, integrantes ou colaboradores do [[Seminario de Estudos Galegos]] e da [[revista Nós]], escritores que están a comezar a súa carreira, autores que escriben dende o [[Exilio galego de 1936|exilio]] e [[Franquismo|antifranquistas]] estabelecidos na península. Os máis destacábeis son [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Manuel Curros Enríquez|Curros]], [[Ramón Cabanillas|Cabanillas]] e [[Eduardo Pondal|Pondal]] entre outros.
O grupo de escritores que conforman o catálogo de Ediciós do Castro son autores que xa están asentados no mundo da creación literaria, integrantes ou colaboradores do [[Seminario de Estudos Galegos]] e da [[revista Nós]], escritores que están a comezar a súa carreira, autores que escriben dende o exilio e antifranquistas estabelecidos na península. Os máis destacábeis son Castelao, Curros, Cabanillas e Pondal entre outros.
 
Para levar a cabo esta nova dimensión editorial crean o [[Laboratorio de Industria e Comunicación]] que funcionaba como una galería dos produtos de[[ Sargadelos]] e integran a imprenta [[Moret]] de A Coruña que se encargaba da impresión das publicacións de Ediciós do Castro.
 
Os seus [[ISBN]] maísmaáis habituais son 84-7492 e 84-8485.
 
== Publicacións==
Os xéneros que teñen maior representación nesta editorial son os seguintes:
 
-'''Narrativa''': podemos distinguir unha narrativa dirixida a adultos, en que cabe destacar obras como ''[[Cousas]]'' de Castelao, ''[[Memorias dun neno labrego|Memorias dun Neno Labrego]]'' de [[Xosé Neira Vilas]] e unha narrativa infantil e xuvenil, da que este último autor pode considerarse un impulsor, con obras como ''Cartas a Lelo'' e ''Cabaliño do Buxo''. Nas obras de narrativa abunda a crítica da sociedade do momento e a caracterización de Galicia e o [[pobo galego]].
 
-'''Ensaio''': os temas de referencia no período de 1963-1978 son o impulso da cultura e a lingua galega (''Catón Galego'' de [[Xosé Ramón Fernandez Oxea]] e ''A Vontade de Estilo na Fala Popular'' de [[Rafael Dieste]] son algúns exemplos disto) e a recuperación da memoria histórica, que é un dos principais puntos da súa liña editorial. Tamén teñen cabida os ensaios sobre arte, ''A pintura como comunicación'' de [[Domingo García-Sabell]] e os que amparan o [[Feminismo|movemento feminista]], dos cales un exemplo sería ''A muller en Galicia. A muller na sociedade galega'' de [[María Xosé Queizán]].
Tamén teñen cabida os ensaios sobre arte, a pintura como comunicación de [[Domingo García-Sabell]] e os que amparan o movemento feminista, dos cales un exemplo sería A muller en Galicia. A muller na sociedade galega e [[María Xosé Queizán]].
 
-'''Arte''': neste xénero encontramos obras relacionadas coa pintura, tanto de carácter didáctico -como ''Procesos abstractivos do arte contemporáneo'' de [[Tomás Barros]]- como de carácter puramente artístico, nos que están presentes a [[xilografía]] e os [[Gravado|gravados]]. Desta segunda categoría podemos destacar [[''O Toro Jubilo'']] e [[''O Meco'']], ambas as dúas de [[Luís Seoane]], que tamén contribúen á crítica social.
 
Están presentes tamén, aínda que gozan de menor protagonismo, as obras dramáticas, entre as que podemos destacar ''Farsas Para Títeres'' de [[Eduardo Blanco Amor]] e ''Os Irmandiños'' de [[Daniel Cortezón]], que surxe da súa propia iniciativa por cubrir o déficedéficit do teatro histórico en galego; as obras historiográficas como ''Bajo las Luces de la Ilustración'' e ''El Alba Flor de Lis''. ''Galicia en los Reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI'' de [[Emilio González López]]; e, por último, as obras etnográficas como ''Ribadeo Antigo'' de [[Francisco Lanza Álvarez]] e ''Mariscos de Galicia'' de [[Luís Villaverde]].
 
== Véxase tamén ==