Escritura ibérica nororiental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m +control autoridades using AWB
Liña 5:
[[Ficheiro:Penya del Moro Plaqueta de plom Inscripció.jpg|miniatura|Chumbo da [[Penya del Moro]] (século -IV)]]
[[Ficheiro:Barscunes.jpg|miniatura|Anverso e reverso dun [[denario]] da [[ceca]] [[Barscunes|Bascunes]]. (Metade do século -II). Localización indeterminada probabelmente en [[Navarra]]]]
A '''escritura ibérica nororiental''' (tamén coñecida como '''levantina''' ou simplemente '''ibérica''' por ser con diferenza a máis usada) é a [[escrituras paleohispánicas|escritura paleohispánica]] que foi o vehículo principal de expresión da [[lingua ibérica]], lingua que tamén expresan as inscricións en [[escritura ibérica suroriental]], pero cabe destacar que o valor da maioría de signos destas escrituras non coincide en absoluto, aínda que o repertorio de signos é similar. Aínda así, a hipótese máis aceptada considera que a escritura nororiental deriva directamente da escritura suroriental. Sobre a orixe das [[escrituras paleohispánicas]] non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao [[alfabeto fenicio]], mentres que para outros na súa creación tamén influiría o [[alfabeto grego]].
 
Como o resto de [[escrituras paleohispánicas]], esta escritura presenta signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos [[Sistema de escritura|sistemas de escritura]] non é nin un [[alfabeto]] nin un [[silabario]], senón unha [[escritura mixta]] que se identifica normalmente como [[semisilabario]]. O signario básico está formado por 28 signos: cinco vocálicos, 15 silábicos e 8 consonánticos (unha lateral, dúas sibilantes, dúas vibrantes e tres nasais). O seu desciframento, culminado o [[1922]] por [[Manuel Gómez-Moreno]], é practicamente total e baséase principalmente na existencia de numerosas lendas monetarias, algunhas bilingües ou case bilingües, facilmente relacionábeis con topónimos coñecidos polas fontes clásicas. Do signario ibérico nororiental coñécense dúas variantes: a variante dual é case exclusiva das inscricións máis antigas dos séculos [[século -V|-V]], [[século -IV|-IV]] e [[século -III|-III]] e caracterízase polo uso do sistema dual, descuberto por [[Joan Maluquer|Joan Maluquer de Motes]] o 1968, que permite diferenciar os silabogramas oclusivos dentais e velares xordos dos sonoros cun trazo engadido de forma que a forma simple representa á sonora e a forma complexa á xorda. A variante non dual é case exclusiva das inscricións máis modernas dos séculos [[século -II|-II]] e [[século -I|-I]].
Liña 13:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Correa, José Antonio (1992): «Representación gráfica de la oposición de sonoridad en las oclusivas ibéricas (semisilabario levantino)», ''AION'' 14, pp. 253-292 253–292.
* Ferrer i Jané, Joan (2005): [http://stel.ub.edu/llati/files/Ferrer%20i%20Jan%C3%A9%20-%20Novetats%20sobre%20el%20sistema%20dual%20-%20PH%205.pdf «Novetats sobre el sistema dual de diferenciació gràfica de les oclusives sordes i sonores»], ''Palaeohispanica'' 5, pp. 957-982 957–982.
* [[Manuel Gómez-Moreno|Gómez-Moreno, Manuel]] (1922): «De Epigrafia ibérica: el plomo de Alcoy», ''Revista de filología española'' 9, pp. 341-366 341–366.
* Hoz, Javier de (1985): «El nuevo plomo inscrito de Castell y el problema de las oposiciones de sonoridad en ibérico», ''Symbolae Ludouico Mitxelena septuagenario oblatae'', pp. 443-453 443–453.
* [[Juan Maluquer|Maluquer de Motes, Joan]] (1968): ''Epigrafía prelatina de la Península Ibérica'', Barcelona.
* Quintanilla, Alberto (1993): «Sobre la notación en la escritura ibérica del modo de articulación de las consonantes oclusivas», ''Studia Palaeohispanica et Indogermánica J. Untermann ab Amicis Hispanicis Oblata'', pp. 239-250 239–250.
* Rodríguez Ramos, Jesús (2004): ''Análisis de epigrafía íbera'', Vitoria-Gasteiz.
* [[Jürgen Untermann|Untermann, Jürgen]] (1990): ''Monumenta Linguarum Hispanicarum. III Die iberischen Inschriften aus Spanien'', Wiesbaden.
Liña 25:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.webpersonal.net/jrr/ib2_sp.htm La escritura íbera levantina - Jesús Rodríguez Ramos]
 
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sistemas de escrita]]