Manuel Saco Rivera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Xas (conversa | contribucións)
m modelo biografía
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Manuel Saco Rivera''', nado en [[Sarria]] en [[1906]] e finado na mesma vila o [[28 de agosto]] de [[1938]], foi un avogado e político galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Manuel Saco Pradeda]], avogado, xuíz municipal e representante de [[Pepe Benito]] en Sarria nas primeiras décadas do século XX. Licenciado en dereito, autor dalgunhas pezas teatrais e deportista, participou de xeito moi activo en diferentes campañas políticas. Nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]] foi elixido deputado pola [[provincia de Lugo]] como republicano independente, pero formou parte do Grupo Parlamentario Agrarista cos seus paisanos [[Luis Rodríguez de Viguri]] e [[Felipe Lazcano Morales de Setién]]. Abandonou o grupo a finais de [[1934]] e non se integrou no [[Partido Agrario Español]]. Foi candidato pola [[CEDA]] nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións de febreiro de 1936]], pero non resultou elixido. Asociouse co falanxista [[Mario González Zaera]] nunha comunidade de intereses políticos e económicos. Tivo un papel relevante nos primeiros meses do alzamento como secretario de [[Nicolás Franco]]<ref>''Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939'', p. 64</ref>. Foi asasinado a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, ao ser abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria.