Raza branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Blanco (persona)"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de abril de 2018 ás 14:12

O termo branco (tamén persoa branca ou etnia europea) xeralmente utilizouse para designar a persoas cuxa tonalidade de pel clara adoita asociarse a poboacións de orixe europea. Aínda que literalmente implica cuestións externas como a pel clara, a forma e cor do cabelo e os ollos, entre outras, usouse de distintas maneiras en diferentes períodos históricos e lugares. Como ocorre con outros termos complexos, a súa definición precisa pode ser confusa.

A antropoloxía clásica definía a unha poboación como caucásica se presentaba certas características como variacións na forma, o tamaño e a cor dos ollos que poden ser escuros ou claros (azuis, verdes, mel) e na coloración de pelo (castaño, louro —agás, en certo grao, dos australoides—, rubio), etcétera. Tamén os brancos compartirían outras características como máis velo facial e corporal en relación con outras etnias. Por esta característica, creuse durante moito tempo que o grupo dos ainu terían ascendencia caucasoide.

Hoxe en día, tamén se teñen en conta criterios xenéticos, malia que a definición é complexa, entre outras cousas pola cantidade de poboacións que presentan mesturas das clasicamente consideradas como grupos étnicos. En xenética humana, os haplogrupos R e IJ son os haplogrupos do cromosoma E humano predominantes e moi difundidos en toda Eurasia Occidental, dende Europa até a India. Doutra banda, a xenética mitocondrial revela que as liñaxes maternas predominantes en Eurasia occidental denomínanse HV, JT e Uk. Porén, é a partir da propia xenética dende onde se sinala que, aínda que as razas existen, bioxeneticamente non existe un único marcador que defina a racialidade, senón varios.