Moho Tani: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
mSen resumo de edición
Liña 35:
== Historia ==
 
Nalgún momento a illa foi habitada por un clan chamado o "moi a Tiu", pero a poboación foi varrida pola enfermidade e a guerra, os poucos supervivientessuperviventes marcháronse de Hiva'Oa. En tempos pre-europeos, a illa considerouse parte do territorio da provincia de [[Pepane]]. Foi descuberta por [[Álvaro de Mendaña|Álvaro de Mendaña e Neira]] o 21 de xullo de [[1595]], e chamouna ''San Pedro'' xa que era a vixilia de San Pedro ad Vincula, onomástica do piloto maior [[Pedro Fernández de Quirós]] e do coronel Pedro Merino.<ref>Sharp, Andrew ''The discovery of the Pacific Islands'' Clarendon Press, Oxford, 1960, p.51.</ref> Os primeiros informes describen a illa como fértil, con bosques e campos.
 
Cando Thor Heyerdahl visitou a illa en 1938, só había unasunhas cantas cabras e restos de aldeas e chozas abandonadas. Hoxe en día está deshabitada, pertencendo á comuna de [[Tahuata]]. A vexetación foi destruída polos rabaños en estado salvaxe de cabras e ovellas. En 1992, a illa e as illas máis pequenas que a rodean (incluíndo [[Terihi]]) foron oficialmente [[Reserva natural|protexidas]] na declaración da [[Reserva Natural Motane]].
 
Moho Tani administrativamente forma parte da [[comunas de Francia|comuna]] (municipio) de [[Hiva'Oa]], na [[Polinesia Francesa|subdivisión administrativa]] das [[Illas Marquesas]] .