Cataluña do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: Casa de Aragón, no existe la "Casa de Barcelona"
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m Desfixéronse as edicións de Sirslayercort (conversa); cambiado á última versión feita por Norrin strange
Etiqueta: Reversión
Liña 42:
 
== Historia ==
A orixe da [[Casa de AragónBarcelona]], que tras entroncar coa casa real [[Reino de Aragón|aragonesa]] chegaría a reinar sobre toda a [[Coroa de Aragón]], iniciouse nesta zona. [[Guilfredo o Velloso]] (Guilfredo I de Barcelona), o primeiro [[Condado de Barcelona|conde de Barcelona]] que obtivo o dereito de legar lexitimamente os condados aos seus fillos, era natural do pobo de Rià (antigamente Arrià), situado na vila de [[Prades]] (''Prada de Conflent'' en [[lingua catalá|catalán]]), capital histórica do [[condado do Conflent]].
 
No marco da [[Guerra dos Trinta Anos]], o malestar que xeraba na sociedade catalá a presenza de tropas, fundamentalmente castelás, provoca a sublevación dos campesiños inicialmente contra os terzos e os funcionarios reais para logo xeralizarse contra todos os facendados e nobres situados preto da administración. Finalmente derivou nunha revolta de empobrecidos campesiños contra a nobreza e ricos das cidades que tamén foron atacados. Conscientes da súa incapacidade de reducir a revolta e as súas limitacións para dirixir un estado independente, a oligarquía catalá alíase co inimigo de Felipe IV: [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]]
Liña 55:
Os últimos datos sociolingüísticos dos que dispón a Generalitat de [[Cataluña]]<ref>[http://www6.gencat.net/llengcat/socio/docs/catnord2004.pdf]</ref> (2004) reflicten que o [[lingua francesa|francés]] é a lingua maioritaria no Rosselló, cunha presenza minoritaria do [[lingua catalá|catalán]]. Habitualmente fala [[lingua francesa|francés]] o 92% da poboación, [[lingua catalá|catalán]] o 3,5%, ambos os idiomas un 1% e o 3,5% fala outras linguas.
 
En canto a usos lingüísticos en diversos ámbitos cómpre sinalar que o 80,5% dos nados no Rosselló falan unicamente [[lingua francesa|francés]] no ámbito familiar en contraposición cun 17,3% no que o [[lingua catalá|catalán]] está presente. Ademais, o ámbito do uso do catalán redúcese cada vez máis nas novas xeracións e nos inmigrantes. O 40,6% dos avós nacidos no Rosselló falan en catalán coa súa parella, un 9,2% usan [[lingua catalá|catalán]] e [[lingua francesa|francés]], un 12,0% usa o castelán e un 27,2% o [[lingua francesa|francés]]. Pola contra, só un 6,3% dos estudantes do Rosselló falan en catalán entre eles e un 0,5% faino cando vai ao médico. Con todo, a conciencia lingüística non diminuíu e un 62,9% dos habitantes do Rosselló cre que os nenos deberían aprender [[lingua catalá|catalán]].{{cómpre referencia}}
 
== Notas ==