Consorcio da Zona Franca de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Relevancia: ligazón interna
Liña 29:
En 1947, cando o BOE publicou o decreto polo que o goberno concedía ao porto de Vigo a terceira zona franca de España (as outras dúas eran as de [[Barcelona]] e [[Cádiz]]), a noticia foi celebrada con grande entusiasmo polas autoridades e organizacións empresariais locais, que intuíron que esta vantaxe diferencial fronte a outras cidades impulsaría o crecemento económico de Vigo.
 
Como explicaba Francisco López Peña, Delegado do Estado en dúas ocasións, ao alumnado da Universidade de Vigo, «No momento da creación da Zona Franca, España atopábase en plena autarquía e o peche económico era absoluto. Prohibir as importacións fora un erro radical, pois lonxe de protexer a industria do país, encarecía os procesos industriais e impedía á economía especializarse e facerse competitiva. A Zona Franca, con todo, permitía a instalación de empresas que aproveitasen as vantaxes de importacións máis baratas e as facilidades para a exportación. Foi un paso importante para a cidade, unha vantaxe comparativa que fixo posible oa seusúa despegueengalaxe económicoeconómica».
 
Con todo, aínda tardarían uns anos, en facerse realidade as prometedoras perspectivas creadas polo decreto de concesión da Zona Franca. O Consorcio encargado da súa administración e explotación, presidido polo Alcalde de Vigo e integrado por un Delegado do Estado e varios concelleiros e representantes do Estado en entidades cidadás, debía presentar ao Consello de Ministros un plan de delimitación da Zona Franca e estivo debatendo durante un tempo que orientación darlle ao proxecto: industrial ou comercial. Rafael Portanet, primeiro Delegado do Estado no Consorcio, inclinábase pola primeira, dado que a promoción do desenvolvemento industrial era entón unha necesidade perentoria.