Carlos Garaikoetxea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 13:
profesión= Político e avogado|
}}
'''Carlos Garaikoetxea Urriza''', nado en ([[Pamplona]], o [[2 de xuño]] de [[1938]]), é un político e avogado [[Comunidade Autónoma Vasca|vasco]]. Foi o segundo [[Lehendakari]] do [[Goberno Vasco]], polo [[Partido Nacionalista Vasco]], trala instauración da democracia e o primeiro elixido trala promulgación do [[Estatuto de Gernika]] (1980-1985). Foi o fundador e presidente de [[Eusko Alkartasuna]]. Reside en [[Zarautz]] ([[Guipúscoa]]).
 
==BiografíaTraxectoria==
Naceu en [[Pamplona]] en 1938, no seo dunha familia de emigrantes do campo de condición humilde. Realizou os seus primeiros estudos no colexio iruñarra dos [[Escolapios]]. Licenciouse en Dereito e Económicas na [[Universidade de Deusto]], viaxando posteriormente a Londres e a París co fin de ampliar a súa formación. Garaikoetxea non aprendeu [[éuscaro]] de neno, debido a que tan só o seu pai sabía falalo, e aprendeuno despois.
 
Liña 22:
Nas [[eleccións municipais españolas de 1979|eleccións municipais e forais de 1979]] Garaikoetxea resultou elixido membro do [[Parlamento Foral de Navarra]]. En xuño dese mesmo ano foi nomeado presidente do [[Consello Xeral Vasco]], substituíndo a [[Ramón Rubial]]. Trala aprobación do Estatuto de Guernica, foi elixido [[Lehendakari]] do [[Goberno Vasco]] en 1980, sendo reelixido en [[1984]] con 32 escanos. Un ano despois, foi substituído por [[José Antonio Ardanza]] por discrepancias coa dirección do seu partido.
 
===Lehendakari do Goberno Vasco (1980-1985)===
O seu mandato caracterizouse pola construción do goberno e institucións autonómicas vascas. Así, tivo que despregar o [[Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1979|estatuto]]. Entre as competencias asumidas atopábanse a orde pública, coa conseguinte creación dun corpo de policía autónoma (a ''[[Ertzaintza]]'') en 1982, a creación do Servizo Vasco de Saúde (''[[Osakidetza]]'') en 1981, ou a creación da radiotelevisión vasca, [[EiTB]], cunha primeira emisión o 27 de decembro de 1982. Unha etapa que caracterizouse pola austeridade no gasto gobernamental, ou a consecución do [[Concerto Económico]] vasco en 1981.
 
Durante o seu mandato tamén abriuse a posibilidade de sindicación ós funcionarios do Goberno Vasco, un asunto que foi moi polémico no seu día.
 
===Creación do EA===
En [[1986]], tras moitas desavinzas coa dirección do PNV en tornorelación ácoa '''[[Lei de Territorios Históricos''']], que debía delimitar as competencias do Goberno Vasco e as das Deputacións Forais dos territorios históricos da CAV, a expulsión de tódala organización navarra ou a expulsión en Vitoria do que chegaría a ser primeiro presidente de EA [[Manuel Ibarrondo]], separouse do PNV para fundar [[Eusko Alkartasuna]] o 17 de setembro, partido que presidiu até [[1999]] e polo que resultou elixido deputado do [[Parlamento Vasco]] nas eleccións autonómicas de 1986, de [[1990]], de [[1994]] e [[1998]] (últimas eleccións ás que concorreu como candidato). De [[1987]] a [[1991]] foi deputado no [[Parlamento Europeo]]. Entre [[1990]] e [[1991]] foi o presidente de [[Alianza Libre Europea]].
 
En novembro de [[1999]] retirouse da política activa, cedendo o testigo a unha nova xeración de políticos, entre eles ó seu fillo Carlos que seguiu os seus pasos políticos e profesionais sendo na actualidade tamén dirixente de EA e avogado.