Diferenzas entre revisións de «Academia Literaria de Santiago»

sen resumo de edición
A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid. O promotor da Academia foi o militar ferrolán [[Domingo Díaz de Robles]], fundador do xornal ''[[El Idólatra de Galicia]]'', sendo o seu primeiro presidente o presbítero [[Pedro Losada Rodríguez]] (que foi censor da mesma anos despois). Na Academia discutíanse toda clase de temas: relixión, filosofía, historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria<ref>X.R. Barreiro Fernández "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo" Santiago de Compostela, 1977 Editorial Pico Sacro</ref>.
 
Entre os seus membros destacan, Losada Rodríguez, Díaz de Robles, [[Neira de Mosquera]], [[Antonio Romero Ortiz]], J. M. Rodríguez Carracido, Valenzuela y Ozores, [[José Domínguez Izquierdo]], [[Vicente Manuel Cociña Vizoso]], [[José María Posada]], os irmáns Rúa Figueroa e participando [[Francisco Añón]], [[Leopoldo Martínez Padín]], J. María Gil, Joaquín Amigo, [[Antolín Faraldo]], [[Augusto Ulloa Castañón]], [[Alberto Camino]] e outros destacados literatos e activistas políticos como Bermúdez Cedrón, Taboada y Terrazo e Garea. A maior parte deles militaban no Partido Progresista, no [[Partido Moderado]] ou compórtanse como tales, deron en ser a primeira elite galega que servirían para que agromase o [[Rexurdimento]] o [[Provincialismo]], sementando a raíz do [[galeguismo]] e algúns mesmo participando no [[levantamento de 1846]] debido ó seu compromiso con Galicia iniciando unha nova prensa a través do romanticismo social de [[Víctor Hugo]].
 
Este compromiso con Galicia coincide co fenómeno da crise de identidade da [[fidalguía]] en Galicia, estamento social ao que pertence a maioría, que vendo que é imposible a volta ó absolutismo, loita polo liberalismo rexionalista e gobernar o seu pobo e non que o fagan os de fora, pondo isto de manifesto na [[Revolución de 1846]], no que conflúen diversos estamentos e Romero Ortiz e [[Antolín Faraldo]] prestan apoio a formar o [[Batallón Literario]] para axudar ás tropas provincialistas axudando xa como enlaces e combatentes.
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==
=== Outros artigos ===
* [[Provincialismo galego]]
* [[Revolución de 1846]]
 
[[Categoría:Século XIX de Galicia]]
192.345

edicións