Biblia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 36:
 
=== Edición en galego ===
Tralo [[Concilio Vaticano II]] comezou a formularse a posibilidade de traducir a Biblia en [[lingua galega]], e en 1973 o consello de administración da SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, creada en 1966) decidiu levar a cabo o proxecto. Creouse un grupo de traballo coordinado por [[Xosé Fernández Lago]] e [[Andrés Torres Queiruga]], do que formaban parte [[Martín María Díaz]], [[Xesús Ferro Ruibal]], [[Anxo González Núñez]], [[Emilio Losada Castiñeiras]], [[Xosé Antón Miguélez Díaz]], [[Francisco Pérez Santalices]], [[Manuel Regal Ledo]], [[Xosé Rodríguez Carballo]], [[Xoán Carlos Rodríguez Herranz]], [[Xosé Manuel Rodríguez Pampín]] e [[Xosé Antonio Salgado Agromartín]]. En 1980 saíu a tradución do [[Novo Testamento]], e a edición completa da Biblia en galego apareceu en [[1989]], tomada directamente do [[Lingua hebrea|hebreo]], [[Lingua aramea|arameo]] e o [[Lingua grega|grego]]. En [[1990]] acadou o [[Premio Nacional de Tradución de España]]<ref>[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/10/26/biblia-galego/0003_201410G26P17993.htm ''A Biblia en galego''], artigo de [[Víctor Freixanes]] en ''[[La Voz de Galicia]]'' o [[26 de outubro]] de [[2014]].</ref>.
 
== Libros da Biblia ==