Control de autoridades: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m + lig. internas
m Arranxos varios
Liña 7:
 
== Definición ==
O control de autoridades é o conxunto de procesos que crean, unifican e actualizan os puntos de acceso dos [[Catálogo|catálogoscatálogo]]s automatizados e mostra ademais as relacións entre os distintos puntos, dunha forma normalizada. A súa finalidade é facilitar a procura, identificación e recuperación dos [[Documento|documentosdocumento]]s almacenados, evitando confusións e aforrando tempo ao usuario. Para asegurar que as obras dunha determinada entidade corporativa ou persoal sexan recuperadas sempre que se realice unha procura, deberase determinar o encabezamento e establecer a forma autorizada deste, seguindo tamén as convencións e recomendacións internacionais.
 
== Tarefas do control de autoridades ==
Liña 19:
Deben terse en conta varios aspectos á hora de realizar un control de autoridades:
* Se vai a realizarse con carácter [[Retrospección|retrospectivo]] sobre todos os fondos da biblioteca ou, pola contra, o ficheiro vaise constituír coas entradas que se vaian normalizando.
* Se todas as autoridades do catálogo necesitan ser controladas ou se se vai facer de maneira selectiva. O ideal é facer unha selección de autoridades completa pero o tempo que leva esta tarefa fai que algúns centros fagan unha selección de autoridades baseada nos distintos criterios, [[Apelido|apelidosapelido]]s máis comúns, os compostos, os iniciais etc.
* Se vai a crearse un ficheiro de autoridades propio ou se se vai a consultar unha lista de prestixio recoñecido, como as da [[Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América|Library of Congress]], [[Biblioteca Nacional de España|Biblioteca Nacional]] ou calquera outro.
En principio os ficheiros de autoridades deben crealos as bibliotecas, pero é importante o papel das bibliotecas universitarias e locais para a información sobre autoridades locais e rexionais. Estes centros utilizan un sistema mixto baseado en establecer as súas propias [[Autoridade|autoridadesautoridade]]s cando non están noutros ficheiros de autoridade de máis alto nivel.
 
Unha vez que un centro tomou a decisión de aplicar o control de autoridades aos seus rexistros, hai unhas operacións a realizar:
 
* Creación da autoridade: un punto de acceso referente a un autor, título uniforme ou materia, convértese nunha autoridade cando se contrasta nunha lista de autoridades xa establecida e se comproba que está incluído nela. Se non está incluído na lista, deberá crearse e incluírse na lista de autoridades propia indicando as fontes que se consultaron para dala por válida. Nos dous casos, a partir deste momento a autoridade forma parte do ficheiro de autoridades da biblioteca.
 
* Establecemento das referencias cruzadas entre as autoridades por medio de relacións que poden ser de equivalencia, xerárquicas e asociativas. Esta fase realízase con todos os tipos de autoridades, pero, a diferenza dos nomes de persoa, nas entidades non prevalece o criterio de ter que elixir unha soa forma para a entidade.
 
* Rexistro das autoridades e as súas referencias no formato e [[software]] elixido.
 
* Mantemento da lista de autoridades, mediante o control de altas, modificacións e baixas. Para que sexa efectivo, o sistema debe ser permanentemente verificado e validado, tanto en relación ás autoridades como ás referencias entre elas. Hai que estar constantemente revisando o [[ficheiro]] para actualizalo, tendo en conta as formas alternativas do encabezamento.
 
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
* Biblioteca Nacional. Guías temáticas. Categorías: Documentos técnicos. Manual de autoridad. Título: ''Manual de autoridades''. GSARE: Directrices para los Registros de autoridad y de referencia de materia. Autor: Biblioteca Nacional.
* IFLA. Título: ''Directrices para registros de autoridad y referencias''. Autor: IFLA. Edita a Secretaría General de Información y Publicaciones.
 
* Anales de documentación. Nº 2, 1999. Título: ''El Control de Autoridades''. Autor: [[Cristina Herrero Pascual]]. Publicación: Facultad de Ciencias de la Documentación. Universidade de Murcia.
* IFLA. Título: ''Directrices para registros de autoridad y referencias''. Autor: IFLA. Edita a Secretaría General de Información y Publicaciones.
 
* Anales de documentación. Nº 2, 1999. Título: ''El Control de Autoridades''. Autor: [[Cristina Herrero Pascual]]. Publicación: Facultad de Ciencias de la Documentación. Universidade de Murcia.
 
* Servizo de Archivos y Bibliotecas. Universidade de Salamanca. Título: ''Control de autoridades y calidad de puntos de acceso del catálogo automatizado de la biblioteca de la Universidad de Salamanca''. Autor: [[Lorenzo Albás]]. Xefe da Unidade de Mantemento do catálogo. Publicación: Tallar de Bibliotecas Universitarias Iberoamericanas. Ano 2003.