Nunavut: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 52:
}}
{{Contén texto nativo canadense}}
[[Ficheiro:ARVIAT (NUNAVUT).jpg|miniatura|200px|esquerda|Inuit, Arviat]]
 
'''Nunavut''' (en {{lang-iu|ᓄᓇᕗᑦ}}, ''A nosa terra''), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do [[Canadá]], situado ao Nordeste do país, entre [[Groenlandia]] ao Leste, [[Manitoba]] ao Sur, e os [[Territorios do Noroeste]] ao Oeste, territorio do que se saíron o [[1 de abril]] de [[1999]], de acordo cos lindeiros fixados previamente en [[1993]]. As devanditas fronteiras recoñecían a soberanía de Nunavut sobre case todas as illas árticas do Canadá ([[Illa Ellesmere|Ellesmere]], [[Illa de Baffin|Baffin]], [[Illa Devon|Devon]], [[Illa Southampton|Southampton]] e a metade oriental de [[illa Victoria]] e a de [[Illa Melville|Melville]]), así como sobre a zona costeira central do Canadá sobre o [[Océano Ártico]] e todas as illas da [[Baía de Hudson]].
 
Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos [[inuit]] (tamén chamados ''esquimós''), como os ''oka'', ''ipperwash'' e nativos de ''Gusafsen Lake'', empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.
 
O territorio posúe unha superficie de 2.093.190  km², da cal o 7,5% corresponde a augas interiores. A súa poboación é duns 29.300 habitantes, repartidos en case unha trintena de aldeas ou poboacións menores. Unha delas é [[Iqaluit]], a capital, situada na [[illa de Baffin]], anteriormente denominada ''Frobisher Bay''.
 
==Notas==