Hematoxilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 41:
}}
[[Ficheiro:Haematein.png|miniatura|200px|dereita|[[Haemateína]].]]
A '''hematoxilina''' (CI 75290) é un composto que se extrae da [[cerna]] ou durame da madeira da árbore pau de Campeche (''[[Haematoxylum campechianum]]'').<ref>Cooksey C. (2010) Hematoxylin and related compounds - an annotated bibliography concerning their origin, properties, chemistry and certain applications. Biotechnic & Histochemistry 85(1): 65-82. PMID 19568968</ref> É un composto básico/positivo que se une e forma sales con compostos ácidos (basofílicos) que conteñen cargas negativas (por exemplo o [[ADN]] ou [[ARN]], que son ácidos/negativos debido aos fosfatos cargados negativamente que conteñen) e tíngueos de azul escuro ou violeta.
 
A hematoxilina e a [[eosina]] adoitan aplicarse conxuntamente na que se denomina [[tinguidura de hematoxilina-eosina]] ou tinguidura HE, que é unha das máis utilizadas en [[histoloxía]]. Este tipo de tinguidura é permanente, a diferenza doutras que son temporais (como o [[lugol]]). Outra tinguidura común con hematoxilina é a [[PTAH|hematoxilina-ácido fosfotúngstico]], unha mestura de hematoxilina con [[ácido fosfotúngstico]]. Cando se [[Redox|oxida]] forma o composto [[hemateína]], que forma complexos intensamente coloreados con certos ións metálicos, os máis notables dos cales son os sales de Fe(III) e Al(III). Os complexos de metal-hemateína utilízanse para [[tinguidura (bioloxía)|tinguir]] os [[núcleo celular|núcleos]] das células antes de observalos ao [[microscopio]].<ref>Puchtler, H., Meloan, S.N. & Waldrop, F.S. 1986. Application of current chemical concepts to metal-haematein and -brazilein stains. Histochemistry 85: 353-364.</ref> As estruturas que se tinguen con ferro-hemateína ou aluminio-hemateína adoitan demominarse [[basófilo (tinguidura)|basófilas]], aínda que o mecanismo de tinguidura é diferente do utilizado polas tinguiduras básicas.
Liña 54:
As tres principais solucións de alume hematoxilina empregadas son a hematoxilina de Ehrlich, hematoxilina de Harris<ref>Meloan, S. M. & Puchtler, H. 1987. "Harris hematoxylin," what Harris really wrote and the mechanism of hemalum stains. Journal of Histotechnology 10: 257-261.</ref>, e hematoxilina de Mayer. O nome hemalume (ou ''haemalum'') é preferible a "hematoxilina" para estas solucións porque a hemateína, que é un produto da oxidación da hematoxilina, é un composto que se combina con ións aluminio para formar o complexo tinguidura-metal activo. As solucións de alume hematoxilina danlle ao núcleo das células unha cor vermella clara transparente que rapidamente se volve azul ao ser exposta a calquera líquido neutro ou alcalino.
 
O alume ou o sulfato de aluminio e potasio utilizados como mordente xeralmente se disocian en solución alcalina, combinándose con ión OH<sup>−</sup> da auga para formar [[hidróxido de aluminio]] insoluble. Na presenza de exceso de ácido, o hidróxido de aluminio non pode formarse, o que causa que non se forme o lago de tinguidura de aluminio hematoxilina, debido á ausencia de ións OH<sup>−</sup>. Por tanto, as solucións ácidas de alume hematoxilina vólvense vermellas. Durante a tinguidura, as preparacións tinguidas con alume hematoxilina pásanse despois xeralmente por unha solución neutra ou alcalina (por exemplo, auga da billa cando é "dura" ou hidróxido amónico ao 1%) para neutralizar o ácido e formar un complexo alumino hematina azul insoluble. Este procedemento chámase o ''azulado''. <ref> Godwin Avwioro (2011). Histochemical Uses Of Haematoxylin - A Review. JPCS 1:24-34. [http://www.arpapress.com/Volumes/JPCS/Vol1/JPCS_1_05.pdf PDF]</ref>
 
En lugares onde a auga da billa non é suficientemente alcalina, ou cando é auga ácida que non é axeitada para facer o azulado da hematoxilina, un substituto pode ser disolver 3,5 g de NaHCO<sub>3</sub> e 20 g MgSO<sub>4</sub>·7H<sub>2</sub>O nun litro de auga con [[timol]] (para inhibir a formación de mofos), que acelera o azulado de cortes histolóxicos finos en parafina. A adición de trazas de calquera [[álcali]] á auga da billa ou destilada tamén proporciona unha solución azuleadora efectiva; unhas poucas pingas de hidróxido de aluminio forte ou de carbonato de litio saturado, engadidas inmediatamente antes do uso, son dabondo para un vaso de tinguidura de 400 ml cheo de auga. O uso de auga moi fría fai máis lento o proceso de azulado, mentres que a auga quente o acelera. De feito, a auga por debaixo de 10&nbsp;°C en vez de azulear pode producir decoloracións rosa no tecido.
Liña 75:
===Ligazóns externas===
* [http://stainsfile.info/StainsFile/dyes/75290.htm Stainsfile]
 
 
[[Categoría:Tinguiduras histolóxicas]]