Conduce rápido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, +{{Control de autoridades}}
acordaramos non empregar máis o modelo spoiler
Liña 2:
 
==Trama==
 
{{spoiler}}
Os feitos ocorren arredor da cidade de [[Santiago de Compostela]], onde vive Erika, unha rapaza nova, co seu irmán Samuel. Ambos os dous móvense nun ambiente marxinal no que vai aumentando a [[violencia]] segundo transcorre a historia. Unha das causas desta situación é abandono da súa nai para fuxir co home do cal está namorada. A falta de diñeiro para sobrevivir fai que os irmáns cheguen a roubar e mesmo a prostituírse. Un saco de lona envolto cunhas cordas aparece nunha praia galega con 10 quilos de [[cocaína]]. Bruno, un traficante de pouca monta, pídelle axuda a Samuel para distribuíla. Os irmáns ven unha oportunidade para saíren do ambiente marxinal. O azar do destino fará que Ventura, un narcotraficante con problemas co xogo, entre na vida dos irmáns para axudalos.