Dereitos da muller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "miniatura|dereita|250px|[[Annie Kenney e Christabel Pankhurst facendo campaña do sufraxio feminino.]] Os '''dereito..."
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Annie Kenney and Christabel Pankhurst.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Annie Kenney]] e [[Christabel Pankhurst]] facendo campaña do [[sufraxio feminino]].]]
Os '''dereitos da muller''' son os [[dereitos]] reclamados polas mulleres e rapazas de todo o mundo e forman a base do movemento a prol das mulleres do [[século XIX]] e do [[movemento feminista]] do [[século XX]]. Nalgúns países, estes dereitos están institucionalizados e protexidos pola lei, o costume local e o comportamento civil, mentres que noutros é ignorado ou está represaliado. Difire das nocións máis amplas dos [[dereitos humanos]] a través de reclamacións dun prexuízo histórico e tradicional inherente ó exercicio dos dereitos por parte de mulleres e mozas, a prol de homes e mozos.<ref name="Hosken">Hosken, Fran P., 'Towards a Definition of Women's Rights' in ''Human Rights Quarterly'', Vol. 3, No. 2. (Maymaio de 1981), pp. 1–10.</ref>
 
Malia non existir unha lista limitada, os temas xeralmente asociados cos dereitos da muller inclúen os seguintes: a integridade e a autonomía do seu corpo, non padecer [[violencia sexual]], o [[sufraxio feminino|dereito a voto]], ter cargos públicos, entrar en contratos legais, ter iguais dereitos no [[dereito de familia]]; ter acceso ó traballo e ter un salario xusto e igualitario, os [[dereitos reprodutivos]], ter propiedade privada e o acceso á educación.<ref name=quarterly>Lockwood, Bert B. (ed.), ''Women's Rights: A "Human Rights Quarterly" Reader'' (Johns Hopkins University Press, 2006), {{ISBN|978-0-8018-8374-3}}.</ref>