Francisco Porto Rey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Publicou varias obras bilingües e o ''Diccionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''Villagarcía-Carril'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
 
Tivo relación coas [[Irmandades da Fala]], o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e as [[Xuventudes de Defensa]]. Ademais exerceu como emprendedor cultural animando e participando na creación de diversas publicacións periódicas en Vilagarcía así como do teatro'' Salón Varietés'', unha sala de cinema con aforocapacidade para 500 espectadores que se inaugurou o 14 de agosto de 1908.
 
O Concello de Vilagarcía de Arousa recoñeceu a súa obra e intervención social dándolle nome a unha das rúas da vila arousá<ref>[http://villagarcia-de-arosa.callejero.net/rua-francisco-porto-rey.html Rúa de Francisco Porto Rey], no rueiro de Vilagarcía.</ref> no barrio de Fontercarmoa<ref>[http://www.datocapital.com/es/rua-francisco-porto-rey-vilagarc%25C3%25ADa-de-arousa.html Rúa Francisco Porto Rey], en ''Dato Capital''.</ref>, cuxas rúas levan nomes de destacados escritores.