Tomar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 64:
== Patrimonio de interese cultural ==
 
* '''[[Castelo de Tomar|Castelo]]''' e '''[[Convento da Orde de Cristo|Convento da Orde de Cristo]]''': magnífico conxunto dos séculos XII a XVI. É o principal monumento da cidade e un dos máis importantes de [[Portugal]]. Declarado pola Unesco [[Patrimonio Mundial]]
 
* '''[[Igrexa de Santa Maria do Olival]]''': este templo gótico ([[século XIII]]) foi necrópole dos [[Cabaleiros Templarios]].
 
* '''[[Sinagoga de Tomar]]''': Tomar posúe a [[sinagoga]] medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con [[bóveda]]s [[arquitectura gótica|góticas]] e interesantes [[capitel|capiteis]] clasicistas. É de salientar o sorprendente sistema acústico con ánforas invertidas incrustadas nas esquinas. Desde 1939 acolle o pequeno '''Museo Xudeu Abraão Zacuto''', con pezas relativas á historia xudía en Portugal.
 
* '''Igrexa de San Xoán Bautista''' (''São João Baptista''): a igrexa máis importante de Tomar érguese na praza principal da cidade, fronte ó Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantes detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paneis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses [[Renacemento|renacentistas]] de maior calidade, [[Gregorio Lopes]].
* '''Capela de Nosa Señora da Concepción''' (''Nossa Senhora da Conceição''): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por [[João de Castilho]] e rematada por [[Diogo de Torralva]]. Foi dedicada como capela funeraria do rei [[Xoán III de Portugal|Xoán III]].
 
* '''Capela de Nosa Señora da Concepción''' (''Nossa Senhora da Conceição''): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por [[João de Castilho]] e rematada por [[Diogo de Torralva]]. Foi dedicada como capela funeraria do rei [[Xoán III de Portugal|Xoán III]].
 
* '''Igrexa e Convento de [[Santa Iria]]''': localizable preto do río Nabão, este conxunto do [[século XVI]] mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo [[manuelino]].