Acesulfamo-k: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: thumb|right|Acesulfamo K O '''Acesulfamo-k''' é un edulcorante artificial denominado na industria alimenticia coas siglas '''E 950'''. É un edulcorante...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2007 ás 16:27

thumb|right|Acesulfamo K O Acesulfamo-k é un edulcorante artificial denominado na industria alimenticia coas siglas E 950. É un edulcorante non calórico de estrutura química relativamente sinxela, que pertence á familia dos dióxidos de oxatiazinonas. Foi descuberto en 1967.

É unhas 200 veces máis doce que o azucre. Non provoca caries e é apto para diabéticos.

O acesulfamo é moi soluble en auga e pouco soluble en alcohol. Presenta estabilidade a temperaturas elevadas, ante os tratamentos tecnolóxicos e durante o almacenamento.

Emprégase en bebidas carbonatadas e non carbonatadas, produtos lácteos, como edulcorante de mesa, marmelos, lambetadas, chicles, doces, produtos forneados, pasta dental, etc.

O acesulfamo K non é metabolizado polo organismo humano. Nin se dixire nin se acumula. Elimínase rapidamente por vía renal, polo que é inocuo. O seu uso autorizouse en Inglaterra en 1983; dende entonces autorizouse en Alemaña, Italia, Francia, Estados Unidos e outros países, e está considerado un aditivo seguro. A Inxesta Diaria Admisible (I.D.A.) de Acesulfamo é de 9.0 mg/kg

O acesulfamo en mestura con outros edulcorantes intensos como sacarina, ciclamato ou aspartamo, ou con glúcidos como a sacarosa, presentase un efecto sinérxico. Esta sinerxía faio útil por dous motivos: permite unha diminución da concentración a utilizar e permite neutralizar as imperfeccións sensoriais peculiares de cada edulcorante.