Avenida dos Campos Elisios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Champs-Élysées.jpg|miniatura|225px|Vista dende a Praza da Concordia.]]
[[Ficheiro:Avenue_des_Champs-Élysées_street_sign,_Paris,_France_-_20100619.jpg|miniatura|dereita|Avenida dos Campos Elisios.]]
'''Os Campos Elisios'''<ref>[http://books.google.es/books?id=V16gIehP1tIC&printsec=frontcover&dq=Diccionario+lat%C3%ADn-galego&hl=en&ei=Vf0JTauAEZKs8QP53eX3Dw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA#v=snippet&q=Campos%20Elisios&f=false Entrada] no Dicionario latín-galego de J. Carracedo Fraga, editado pola [[editorial Galaxia]].</ref> (en [[lingua francesa|francés]] ''Les Champs-Élysées'') é a principal avenida de [[París]]. Mide 1.880 metros de lonxitude, e vai dende o [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]] ata a [[Praza da Concordia]].
 
O nome [[Campos Elisios (mitoloxía)|Campos Elisios]] vén da [[mitoloxía grega]], onde designaba a morada dos mortos reservada ás almas virtuosas, o equivalente do [[paraíso]] cristián. Para acceder a el debían beber no río [[Lete]], que lles faría esquecer o seu paso polo [[inferno]].
 
É considerada a nivel mundial como a Avenida máis fermosa, famosa e elegante do mundo, é tamén a zona de compras mais exclusiva e cara do mundo, conta coas tendas mais exclusivas a nivel mundial como Louis Vuitton, Cartier, Hugo Boss entre outras. Os franceses adoitan chamala ''a avenida máis fermosa do mundo '' («a plus belle avenue du monde»).
 
== Historia ==
Liña 13:
* [[1724]]: remátase o seu trazado actual.
* [[1824]]: constrúense as beirarrúas.
* [[1994]]: inaugúrase a remodelación máis ambiciosa desenvolvida ata o momento. O [[14 de xullo]], soldados alemáns paticiparon no tradicional desfile que se celebra cada ano nesta avenida, marcando un fito nas [[relacións franco-alemás]].
 
== Características ==
[[Ficheiro:Champs_elysees.700px.jpg|miniatura|Vista dende o Arco do Triunfo]]
[[Ficheiro:Champs Elysees Grande Roue p1040797.jpg|miniatura|Decoración do nadal]]
 
Na parte alta da avenida, que comeza na praza «Charles de Gaulle» (antes ''praza da Estrela'', «place de l'étoile») atópanse cines, tendas de luxo e grandes almacéns (en particular un dedicado á música).
 
A parte baixa da avenida, que desemboca na Praza da Concordia (onde se celebraban as execucións), está rodeada de xardíns e atópanse varios edificios públicos maxestuosos: O ''Palacio do Descubrimento'' («Palais de la Découverte»), o ''Pequeno Palacio'' e o ''Gran Palacio'', así como a ''Universidade París IV''.
 
Os Campos Elisios son parte do ''eixo histórico'' de París, que se prolonga polo [[Xardín das Tullerías]] ata chegar ao [[Museo do Louvre]].
 
Polo lado oposto do Arco de Triunfo a ''avenida da Gran Armada'' e a ''Avenida Charles de Gaulle'' prolongan os Campos Elisios. Nos [[1990|anos noventa]] contruíronse neste mesmo eixo o ''[[Arco da Défense|Gran Arco]]'', no barrio moderno de «[[La Défense]]», un dos centros de finanzas máis importantes da [[Unión Europea]] xunto co de [[Frankfurt]].
 
== Ciclismo ==
Na Avenida dos Campos Elisios atópase a liña de meta da derradeira etapa do [[Tour de Francia]]. Ademais, a entrega de premios final celébrase á beira do [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]] e é por iso que se converteu nun paseo mítico para o mundo do [[ciclismo]].
 
== Notas ==