Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 142:
 
==Muros na literatura popular==
* ''Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama'' <ref>[[Álvaro das Casas]] (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 95, 15.11.1931, 217. No texto: ''á Muros''. </ref>.
* ''Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña'' <ref>Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 95, 15.11.1931, 217. No texto: ''Héime''. [[Louro, Muros|Santiago de Louro]] é unha parroquia do concello de Muros.</ref>.
* ''Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela'' <ref>Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 193. No texto: ''pol-o'', ''rifóume'', ''díume''.</ref>.
* ''Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros'' <ref>ANÓNIMO (1968): ''Cantigas do viño''. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). ''Aloque'' ou ''aloqueiro'' significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. ''Bucheiro'' pode significar barrigán, tripón; ou pescador de ''bucheiros'', nome local dos muxos.</ref>.
* ''Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros'' <ref>Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. No texto: ''bós''. Segundo Eladio Rodríguez, chámase ''baloqueiro'' á persoa moi aficionada ás ''balocas'' (castañas ou patacas) cocidas.</ref>.
* ''Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño'' <ref>A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192. </ref>.
* ''Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa'' <ref>Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. ''Tramalleiros'' son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en ''Nós'' 94, 15.10.1931, 192; no texto: ''Montelouro'',</ref> <ref>Lino Lema Bouzas (compilador): ''Ditos e cantigas mariñeiras''. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.</ref>.
 
== Galería de imaxes ==