Calcetín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Socken_farbig.jpeg|miniatura|dereita|280px|Calcetines de diferentes cores.]]
Un '''calcetín''' ou '''peúgo''' é unha cuberta para o [[pé (anatomía)|pé]], deseñada co fin de quentalo, absorber a [[suor]], protexelo do [[lixo]] e rabuñaduras ou aliviar o frotamento co [[calzado]].
 
== Características ==
Os calcetíns están deseñados para ser levados co calzado que cobre o pé enteiro, como [[calzado]] deportivo, [[bota (calzado)|botas]] ou [[zapato]]s de vestir. En ocasións, lévanse con [[sandalia]]s e zapatillas de casa. Os calcetíns tamén se poden levar sos, xeralmente dentro de casa.
 
Normalmente, os calcetíns están feitos de [[algodón]], [[la]] (cando é groso e de la denomínase [[carpín]] ou escarpín), ou [[nailon]]. Fabrícanse en cores varias, pero tipicamente son escuros para traxe formal e brancos para traxe deportivo ou ocasional.
 
A lonxitude dos calcetíns varía, desde cubrir soamente o pé, ata o nivel do xeonllo. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], calcetíns curtos fixéronse populares para o uso con calzado deportivo, especialmente entre os adolescentes e os adultos novos.
 
Aínda que os calcetíns tipicamente se venden en pares, xeralmente os dous son idénticos, a diferenza dos zapatos. Uns calcetíns que non coinciden denotan alguén distraído ou que busca un toque de orixinalidade ou incorformismo. Con traxe formal ou semiformal, a cor do calcetín debe corresponder coa cor dos zapatos ou os [[Pantalón|pantalónspantalón]]s. Levar calcetíns brancos cun traxe escuro esta, habitualmente, mal visto, nas sociedades occidentalizadas.
 
[[Categoría:Vestimenta]]