Numa Pompilio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 18:
Como home bondadoso e amante da paz, Numa sementou ideas de piedade e de xustiza na mentalidade romana. Durante o seu reinado, as portas do templo de [[Xano (deus)|Xano]] estiveron sempre pechadas, como mostra de que non emprendera guerra ningunha ao longo do seu mandato. Tras 41 anos de reinado, a morte de Numa aconteceu de forma pacífica e natural.
 
Do mesmo xeito, cada [[Curia]] (os romanos estaban divididos en 3 tribos e 30 curias) tivo o seu culto dirixido en cada caso por un curión. As familias romanas (as ''gentes'') tiñan entre elas un vínculo de unión que eran os ''sacra gentilicia'', que estaban administrados por un sacerdote ao que chamaban ''[[flamen]]''. A ''sacra gentilicia'' sostíñase pola achega das ''[[stips]]'' (moeda grega de pouco valor) que era unha contribución ofrecida polo conxunto das familias.
 
Con este rei remata o período chamado xuvenilista propio da confraría dos [[Lupercales|lupercos]], aquela cuxa iniciación dos seus mozos foi interrompida polo rapto de [[Rómulo e Remo|Remo]]. Aqueles raparigos foron uns adolescentes eternos e sempre fieis que rodearon a [[Rómulo]] até a súa morte e eran os que compuñan a súa garda persoal. Eran os 300 céleres ou veloces.
 
Sucedeuno [[Tulio Hostilio]].