José Ferrer de Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Fillo de Manuel Vicente Ferrer, subtenente de infantería de Mariña, e Manuela de Couto. Estudou na Academia Militar de Guardias Marinas y Pilotos de [[Ferrol]]. En 1837 foi nomeado subtenente dun dos batallóns que se enfrontaron aos [[Carlismo|carlistas]].
 
Publicou o tratado ''Moral del ejército'', no que defendía a escrupulosa separación entre a carreira militar e a política, o que lle trouxo problemas e marxinación dentro do corpo, polo que deixou o exército en 1844. Tamén escribiu un tomo de poesías, ''Horas de mal humor''. Logo de licenciarse compuxo os tres volumes do ''Album del ejército español''. Encargáronlle unha ''Historia de la Marina Real Española'', e mentres se documentaba escribiu unha ''Historia del combate naval de Trafalgar'' que lle valeu a [[Cruz de Carlos III]]. Tamén obtivo a encomenda da [[Orden de Isabel la Católica]].
 
Con motivo da expedición contra [[Cuba]] do insurxente [[Narciso López]] e a súa captura, viaxou á illa e publicou ''Vindicación de los hechos y administración de los españoles en América'' e ''América y España'', dirixido contra os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[doutrina Monroe]]. Tamén son da súa autoría ''Cuestiones de México, Venezuela y América en general'', ''Reincorporación de Santo Domingo a España'' e ''México y España''. Da súa obra ''Crisol histórico español y restauración de glorias nacionales'' chegaron a facerse dúas edicións, e o autor regalou os fondos que obtivo para os gastos da guerra de [[República Dominicana|Santo Domingo]], [[Cuba]] e [[Porto Rico]].
Liña 21:
Foi membro da Sociedad Económica de Madrid e da Sociedad Geográfica de México, cabaleiro da orden do mérito militar, cabaleiro do hábito de Santiago, cabaleiro da orden militar de San Fernando, oficial da orden militar imperial de Guadalupe.
 
{{ORDENAR:Ferrer de Couto, Jose}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Ferrer de Couto, Jose}}
[[Categoría:Militares de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]