Grial (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
A '''revista ''Grial''''' é unha publicación trimestral editada pola [[editorial Galaxia]] (Vigo), desde [[1963]]. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.
 
{{cita|''De seguido se converteu nunha revista de prestixio, dentro e fóra do país, na que colaboraron xentes de todas as ideoloxías do galeguismo e que levou a cabo un labor tanto de estudio da realidade galega, como de información da cultura exterior, seguindo a filosofía aperturista da que xa temos falado''. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).}}
 
Como antecedente da revista cabe lembrar a ''Colección Grial'', publicada tamén por Galaxia en [[1951]] pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.