Célula G: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
Unha '''célula G''' ou '''célula de gastrina''' é unha célula da parede interna do estómago que segrega a [[hormona]] [[gastrina]]. Funciona conxuntamente coas [[célula principal|células principais]] gástricas e coas [[célula parietal|células parietais]] ou oxínticas, e a súa misión principal é estimular a produción de [[ácido clorhídrico]] no estómago.
 
As células G atópanse na parte media das [[glándula gástrica|glándulas gástricas]] do [[estómago|antro do estómago]], no inicio do [[duodeno]] e no [[páncreas]] fetal. <ref>Medcyclopaedia - iv_1/g/G_cell [http://www.medcyclopaedia.com/library/topics/volume_iv_1/g/G_cell.aspx Medcyclopaedia - iv_1/g/G_cell]</ref> Aínda que non son tan numerosas coma outras células, o seu número total non é pequeno, e estimacións feitas na [[mucosa gástrica]] de cans, gatos e ratas dan unhas cifras de 500.000 células G por cm<sup>2</sup>.
 
==Control da actividade das células G==
Están inervadas polo [[nervio vago]]. As fibras postganglionares do nervio vago liberan o [[péptido liberador de gastrina]] sobre as células G durante a estimulación [[parasimpático|parasimpática]]. Este péptido, xunto coa presenza de [[aminoácido]]s no estómago, a hipercalcemia ou a distensión do estómago, estimulan a liberación de gastrina por parte das células G.
 
A actividade secretora das células G está inhibida pola presenza de ácido no estómago e por algunhas hormonas como a [[somatostatina]], [[secretina]], [[GIP]], [[VIP (hormona)|VIP]], [[glicagón]] e [[calcitonina]].
Liña 14:
A [[gastrina]] liberada polas células G é unha [[hormona peptídica]], que se une a receptores das células parietais e das [[célula ECL|células similares ás enterocromafíns]] (ECL), facendo que liberen, respectivamente, ácido clorhídrico e histamina.
 
A gastrina únese a receptores B de [[colecistoquinina]] da superficie celular das células similares ás enterocromafíns ou células ECL, estimulándoas para que liberen [[histamina]]. <ref>{{Cita libro| edición = 11| editor = Elsevier Saunders| isbn = 0721602401| páxinas = 797| autor = Arthur C. Guyton, John E. Hall| título = Textbook of Medical Physiology| location = Philadelphia| ano = 2006}}</ref>
 
A gastrina tamén estimula as [[célula parietal|células parietais]] ou oxínticas facendo que incrementen o bombeo as ATPases de K<sup>+</sup>/H<sup>+</sup> da membrana celular. Isto faino a célula G de dúas maneiras: de forma indirecta incrementando a cantidade de histamina (liberada polas células ECL), e por estimulación directa pola gastrina, o que causa que a célula parietal incremente a [[secreción]] de [[ácido clorhídrico]] ao estómago ata en 8 veces.
Liña 36:
* [http://medical-dictionary.thefreedictionary.com/G+cell Definition at thefreedictionary.com]
* [http://www.lookfordiagnosis.com/mesh_info.php?term=C%C3%A9lulas+Secretoras+De+Gastrina&lang=2 en Lookfordiagnosis.com Células G ]
 
 
{{Células humanas derivadas do endoderma}}
 
 
[[Categoría:Histoloxía]]