Comunidade científica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
 
== Características ==
Os membros da mesma comunidade non necesitan traballar en conxunto. A comunicación entre os membros establécese pola diseminación de traballos de investigación e hipóteses a través de artigos en [[revista científica|revistas científicas]], que son [[revisión por pares|revisadas por pares]], ou asistindo a [[congreso]]s e outros tipos de [[reunión (organización)|reunión]]s onde se presentan as novas investigacións, se intercambian ideas e son debatidas.
 
Existen tamén moitos métodos informais de comunicación de traballos científicos, así como de resultados, aínda que a verdadeira validez e importancia de cada un dependerá de cada subcomunidade.
Liña 14:
[[Karl Popper]] propuxo substituír o problema da [[verificación]] polo da [[falsación]]. Para el, unha [[teoría]] é científica se pode ser sometida a unha contrastación falsadora, que é refutábel aínda que fora falsada.<ref>Popper, K. ''La Lógica de la investigación científica''. Madrid: Tecnos. 1982</ref>
 
É a comunidade científica quen recoñece e sustenta o actual [[consenso científico]] dentro dun campo, ''o [[Paradigma (ciencia)|paradigma]] reinante'', o cal resiste o cambio até que se presente unha verdadeira evidencia substancial e repetida que poida demandar un cambio de [[Paradigma (ciencia)|paradigma]] ou novo enfoque ou complemento, de acordo coa teoría de cambio científico establecida por [[Thomas Kuhn]].<ref>A partir de 1961 comenzouse a debater acerca de termos como paradigma, comunidade científica, ciencia normal e revolución científica. De acordo con Kuhn, novas subcomunidades establécense ao redor de novos paradigmas ao desenvolver a súa propia terminoloxía, sentido histórico e sentido de problemas que resolver (e aqueles aos que ignorar).</ref> <ref>Thomas Kuhn, ''The Structure of Scientific Revolutions'' (Chicago: University of Chicago Press, 1962).</ref> <ref>En 1969 Kuhn cambia o termo de paradigma polo de matriz disciplinaria, debido a unha crítica feita pola profesora Margaret Masterman, quen consideraba que Kuhn utilizaba o termo inicial en vinte e un sentidos diferentes. A matriz estaría composta por catro elementos: as xeneralizacións simbólicas, os compromisos compartidos con crenzas, os valores compartidos polas comunidades e os exemplares.</ref>
 
[[Imre Lakatos]] propón abordar o problema da avaliación obxectiva do desenvolvemento da ciencia en termos de cambios progresivos e cambios dexenerativos de problemas nas series de teorías científicas. Esta continuidade desenvólvese a partir dun verdadeiro programa de [[investigación]].<ref>Imre Lakatos. ''La crítica y el desarrollo del Conocimiento''. Barcelona: Grijalbo. 1975</ref>