Rabal, Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 16:
Rabal atópase no vello camiño dunha calzada romana que partía da ponte romana do [[Freixo, Celanova|Freixo]] cara a [[Ourense]], aínda que se apunta cara un orixe altomedieval dos distintos núcleos de poboación por parte de labregos libres, de todas formas os documentos medievais din que enriba se atopaba o [[Castro (poboado)|castro]] de Pelosino.
 
Segundo o arquivo de manuscritos de propiedades do mosteiro de Celanova<ref>"Ilduara, una aristócrata del siglo X" María del Carmen Pallares Fernández, ed Seminario de Estudos Galegos, 1998 </ref>, Rabal era unha vila que entre os anos 956 a 997 foi apoderándose dela [[San Rosendo]] e os seus monxes, mediante a compra de bens inmobles e raíces, onde varios labregos libres xa se organizaran comunitariamente para o uso compartido do terreo e os seus bens (dereitos de paso, aproveitamento da forza hidráulica e da pesca do [[río Arnoia]]). Ademais da igrexa (que cambiou a advocación orixinal de San Mamede pola de San Martín) en Rabal houbo un mosteiro no lugar de Sampaio, cuxos únicos testemuños son un topónimo e unha referencia documental. No ano 959 a abadesa Guntroda doou unha viña ao abade Fafilán (o mesmo que fundara un mosteiro no monte Louredo en [[Toén]]) e ó mosteiro por el fundado en Rabal, baixo a advocación de [[Paio (mártir)|San Paio]]<ref>"Historia de los monasterio y prioratos anejos a Celanova" P. fray Benito de la Cueva, ed Univ. de Granada, 1991 mª tª gonzález Balach</ref> : Descoñécese canto tempo durou este mosteiro, e os investigadores cren que foi dependente do mosteiro de Celanova e posterior absorción.
 
Nun documento que recolle a venta que fan Egilo e a súa sobriña no ano 964 ao mosteiro de Celanova, estes doan varias terras e un pazo; a intrusión do mosteiro de Celanova non vai traer ningún cambio na organización do territorio ou de melloras (xa feitas pola "república de homes libres", labregos anteriores ó mosteiro que vivían na vila de Rabal) senón que trae consigo unha reorientación do sistema de explotación que, a partir do [[século X]] e de que o mosteiro de Celanova se converte nun terratenente, apoiarase no traballo de campesiños que non son donos de terra que traballan, e a introdución no lugar de escravos.