Rinoceronte Editora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos de lingua (*editora > editorial / *venta > venda) e retiro frase con cómprereferencai dende hai moito tempo.
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Rinoceronte Editora''' é unha [[editorial]] galega creada en [[2005]] por iniciativa de [[Moisés Rodríguez Barcia]], o tradutor galego de ''[[O Señor dos Aneis]]'', e [[Penélope Pedreira]]. Ten a súa sede en [[Cangas]].
 
==Perfil==
Liña 6:
Ademais de seleccionar para os lectores galegos obras literarias de escritores estranxeiros, a idea que move o proxecto editorial é a de producir libros a prezos competitivos no mercado.
 
A iniciativa [[Empresa|empresarialempresa]]rial conta co apoio financeiro dos dous socios, co beneplácito da [[Asociación de Tradutores Galegos]], que pretende buscar saída ás novas promocións de tradutores profesionais formados na [[Universidade de Vigo]], e co aval temporal dos subscritores iniciais do proxecto.
 
A editorial, ademais das canles de distribución tradicionais, propón vías de comercialización alternativas a través da subscrición e da venda por [[correo electrónico]].
Liña 19:
*''Inversa'': nesta colección verquen obras galegas a outras linguas, coma o castelán, o catalán ou o inglés<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/prol/dun/canon/propio/Rinoceronte/traduce/do/galego/ao/espanol/elpepuespgal/20071005elpgal_22/Tes ''A prol dun canon propio Rinoceronte traduce do galego ao español'']</ref>. Os primeiros títulos desta colección foron as versións en castelán de ''[[Longa noite de pedra]]'', de [[Celso Emilio Ferreiro]], e ''[[Gramática do silencio]]'', de [[Eusebio Lorenzo Baleirón]], traducidos por Penélope Pedreira e Moisés Barcia.
 
Entre os últimos [[libro]]s publicados ata o de agora están a [[novela]] ''[[A posibilidade dunha illa]]'' de [[Michel Houellebecq]], traducida do [[Lingua francesa|francés]] por [[Isabel García Fernández]] e ''[[Arthur e George]]'', de [[Julian Barnes]], traducido do [[lingua inglesa|inglés]] por [[Xesús Fraga]].
 
Nun primeiro momento dispoñibilizaron os seus libros para descargalos gratuitamente en formato PDF da súa páxina, sendo o primeiro en estar dispoñible desta forma o libro de contos ''[[O condutor de autobús que quería ser Deus]]'', do autor [[Israel|israelíisrael]]í [[Etgar Keret]]<ref>[http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50538 ''Rinoceronte edita o seu primeiro libro de descarga gratuíta na rede'']</ref>. Posteriormente a editorial revocou esta medida alegando que a mesma minguaba as vendas<ref>[http://chuza.org/historia/rinoceronte-un-libro-vendido-por-cada-mil-descargados/ ''Rinoceronte: Un libro vendido por cada mil descargados'']</ref>, no canto de promocionalas.
 
==Premios e distincións==