Hermisende: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevoaei (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
 
== A fala ==
Un dos aspectos máis rechamantes deste concello é a singularidade da súa fala, xurdida como consecuencia de factores históricos e socioculturais derivados da súa posición fronteiriza con [[Galicia]] e [[Portugal]], e que actualmente mostra claras evidencias dunha notable influencia recibida da lingua galega e portuguesa.<ref name="hermisende.com">http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
A peculiaridade da fala de Hermisende e os seus anexos ([[A Teixeira, Hermisende|A Teixeira]], [[San Ciprián, Hermisende|San Ciprián]], [[Castrelos, Zamora|Castrelos]] e [[Castromil, Zamora|Castromil]]) levou a algúns lingüistas a encadralo nalgunha das formas dos dialectos galego-portugueses, sen que exista na actualidade unha unidade doctrinal.<ref>http://www. name="hermisende.com"/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
A formación desta fala remóntase á [[Idade Media]] e ten a súa orixe no carácter fronteirizo do seu territorio, en constante disputa por parte dos distintos reinos existentes ao longo da historia, situación que provocou un continuo desprazamento da liña de fronteira e que, en máis dunha ocasión, situou a este territorio como terra de ninguén. Tamén houbo múltiples intentos por alcanzar unha delimitación oficial e definitiva, como a ocurrida durante o reinado de [[Afonso IV de Portugal]] (1325-57), co nomeamento de comisións para a delimitación fronteiriza hispano-lusa.<ref>http://www. name="hermisende.com"/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
Durante a [[Guerra de Restauración portuguesa]] (1640), as poboacións de San Ciprian, Ermesende e Teixeira, ata entón portuguesas, desmarcáronse da causa do novo rei luso, [[Xoán IV de Portugal]], e do sentir xeneralizado da provincia de [[Trás-os-Montes]], motivo polo que quedaron definitivamente vinculadas a España.<ref>http://www. name="hermisende.com"/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
Con posterioridade, e basicamente consecuencia das interrelacións das localidades deste municipio coas súas poboacións veciñas, tanto españolas coma portuguesas, foise conformando unha situación lingüística particular que perdurou ata os nosos días. Neste sentido, Clarinda da Azevedo Maia di que "as variedades dialectais relacionadas unhas con outras sen case inexistentes puntos de transición, constituían un verdadeiro contínuum dialectal, constituíndo así, toda esa zona, unha complexa rexión de cruzamento de trazos galego-portugueses e leoneses,".
<ref>http://www. name="hermisende.com"/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
== Poboación ==
Liña 60:
* Tradicional volta à vila e carreira popular: 14 de agosto.
* Magosto: Na ponte de Todos os Santos.
 
 
== Notas ==