Iemen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Xeografía: Arranxos varios using AWB
Liña 59:
 
== Xeografía ==
Algo maior que España en superficie (527.970  km²) e sito no extremo suroeste da [[Península Arábiga]], e por tanto considerado un país do [[Oriente Próximo]], con todo algúns xeógrafos, como [[Carlos Garijo]], coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.
 
Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha faixa estreita, denominado [[Tihamah]]; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o [[Jabal an Nabi Shu'ayb]], de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, [[Saná]], a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no [[Bab el-Mandeb]], o estreito que comunica o [[Océano Índico]] e o [[Mar Vermello]], montañas elevadas chegan até cerca da costa ([[Jabal Sabir]], 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara o leste, na zona fronteiriza con [[Arabia Saudita]] e [[Omán]], máis xa tamén próximo ao temido deserto de [[Rub al-Khalí]], que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906  km de lonxitude.
 
O clima é practicamente [[Clima desértico|desértico]]. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.