Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 8:
En [[1926]] obtén a cátedra de Filosofía en [[Cádiz]], onde coñece a [[José María Pemán]]. Logo pasa dous anos en [[París]] estudando na [[Sorbona]].
 
Colaborou coa ''[[Revista Nós]]'', dirixida por [[Vicente Risco]], na que publicou poemas en galego que combinan a vangarda coa tradición galega. Ao mesmo tempo que en ''Nós'', publicou noutros diarios e revistas galegos. En [[lingua galega]] publicou tres libros e mais un pequeno ensaio, "Estética da muñeira" que saiu na revista ''Nós'' (1922). Seus son os libros de relatos ''O vello mariñeiro toma o sol'' (1922) e ''Tres contos'' (1930). O título do poemario ''Versos a tres cás o neto'' (1930) está inspirado as obras ''Pomes Penyeach'' de James Joyce (1917, traducible como "Mazás a penique")<ref>[[Claudio Rodríguez Fer|Rodríguez Fer, Claudio]] (1981): "A poesía galega de Álvaro Cunqueiro”. ''Grial'': 74, 171-181.</ref> ou ''[[A ópera dos tres reás]]'' de [[Bertolt Brecht]] (1928).
 
A principios da década de 1930, decide dedicarse exclusivamente ao [[xornalismo]], e foi correspondente dos xornais ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e ''[[El Debate]]'' en varias capitais europeas durante os anos 30.
Liña 17:
 
En [[1963]] foi nomeado director do [[Instituto de España]] en [[Roma]]. En [[1978]] leu o seu discurso de ingreso na [[Real Academia Española]], acerca de "El romanticismo de los clásicos".
 
 
== Obra ==