Magosto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 15:
== Orixes ==
[[Ficheiro:Castañas asadas.jpg|miniatura|esquerda|Castañas asadas.]]
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín ''magnus ustus'', gran fogueira, dentro dos cultos ígneos que, como a [[noite de San Xoán]], marcaban o paso das estacións <ref>[[Aníbal Otero]] (''Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués'' (1949-1976)) discrepa desta teoría, e López Témez di que ''no convence a casi nadie, por la poca base en la que sustenta''.</ref>; outros, de ''magnus'', que significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta ''mag'', campo ou mesmo do proto-celta *Magon- e *glustu- (grande luz) ou *Magon- e *ouxto- (grande frío)<ref>[http://www.spns.org.uk/ProtoCelt.pdf Proto-Celtic ― English]</ref>. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun ''gran boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas''.
 
[[Manuel Murguía|Murguía]] relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. [[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios (Mariño Ferro: 260).
Liña 41:
* ''Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas''.
* ''Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño''.
* ''Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco''.
* ''Non as quero , non as quero/ castañas do teu maghusto/ levo-as na faltriqueira/ para comer a meu gusto''.
* "A castaña no ourizo/eu ben sei o que ela fai/se é pequena ela medra e se é madura ela cae".
Liña 97:
* [https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/estamos-de-magosto Unidade didáctica sobre o magosto (Repositorio de contidos do espazoAbalar)]
* [http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=articlecomments&thold=-1&mode=flat&order=1&sid=1659 Posible relación do Magosto co Samaín] (vid. [[Samaín]])
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Festas gastronómicas de Galicia]]