Syrtis Major Planum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 37:
| bibcode=2004JGRE..10901004H}}</ref> pero formalmente é recoñecida coma unha planicie, tamén é coñecida coma '''Syrtis Major Planitia'''. A cor escura procede do basalto da rexión é da ausencia de po que cubra a superficie da rexión
 
== Xeografía e xeoloxía ==
Syrtis Major está centrada sobre as coordenadas 9,2° N 67,1° E<ref name="nomenclatura Syrtis"/>, estendese por unha area dun diámetro aproximado de 1.200 km<ref name="nomenclatura Syrtis"/> na parte máis oriental de [[Terra Sabaea]] e lindando con [[Isidis Planitia]] e [[Terra Thyrrena]],<ref name="fronteiras Mola">{{cita web | url= http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mola_regional_boundaries.pdf | título=Appoximate Boundaries for Mars Regional Feature Names | dataacceso=12-03-2012}}</ref> o cuadrante MC-13 de Marte leva o seu nome.<ref name="cuadrantes Mola">{{cita web | url= http://planetarynames.wr.usgs.gov/Page/mars1to5mMOLA | título= Planetary Names: Mars 1:5 million-scale MOLA Images | dataacceso=12-03-2012}}</ref> Polo oeste e pegada a [[Arabia Terra]] comeza a elevarse moi suavemente ata caer case en picado cando chega ó bordo de [[Isidis Planitia]]. A chaira inclúe un avultamento que case acada os 6 km de altitude. A meirande parte de Syrtys Major ten unha inclinación menor dun grao, unha inclinación incluso moito menor cá dos volcáns de escudo de [[Tharsis (Marte)|Tharsis]]. Practicamente no centro da rexión pódese atopa-la depresión alongada que contén as caldeiras de [[Nili Patera]] e [[Meroe Patera]], as cales acadan os 2 km de profundidade. Os chans destas paterae non son elevados se os comparamos cos terreos que rodean a Syrtis Major. O chan de Nili Patera está menos craterizado, e polo tanto é o máis novo dos dous. Nili Patera é de especial interese para os científicos, xa que a diferenza da meirande parte de Marte, neste patera atopouse [[dacita]], a parte de [[basalto]].<ref name="THEMIS">{{cita web
| título = Mars Odyssey Mission - THEMIS
Liña 56:
}}</ref> A meirande parte dos cráteres de Syrtis Major son de principios da idade Hespérica; posteriores á formación por un gran impacto da cunca (planitia) de [[Isidis Planitia]].<ref name="Hiesinger2004"/>
 
== Descubrimento e nome ==
O nome de Syrtis Major procede do nome ''Syrtis maior'' que os [[Roma antiga|romanoromanos]]s usaban para o [[Golfo de Sidra]], na costa de Libia (a antiga provincia romana de [[Cyrenaica]]).
 
Syrtis Major foi o primeiro accidente xeolóxico documentado doutro planeta do [[Sistema Solar]]. Foi descuberto por [[Christiaan Huygens]], quen incluíu esta rexión nun debuxo de Marte que fixo no ano 1659. Syrtis Major recibiu orixinalmente o nome de '''Mar do reloxo de area''', pero recibiría moitos outros de distintos [[cartografía|cartógrafos]]. En 1840, [[Johann Heinrich von Mädler]] confeccionou un mapa de Marte a partir das súas observacións e doulle a ''Syrtis'' o nome de '''Atlantic Canale'''. No mapa de [[Richard Proctor]] do ano 1867, ''Syrtis'' recibiría o nome de '''Kaiser Sea''' (en honra a [[Frederik Kaiser]] do [[Observatorio de Leiden]]). [[Camille Flammarion]] chamouno '''Mer du Sablier''' (en [[lingua francesa|francés]] "Mar do reloxo de area") cando no ano 1876 revisou a nomenclatura de Proctor. O nome de "Syrtis Major" foi escollido por [[Giovanni Schiaparelli]] cando creou un mapa de Marte feito na máxima aproximación do planeta vermello á [[Terra]] do ano 1877.<ref>{{cita libro| título=Mapping Mars: Science, Imagination, and the Birth of a World| autor = Oliver Morton| editor=Picador USA| localización=New York| ano=2002| isbn=0312245513| páxinas=14–15}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.uapress.arizona.edu/onlinebks/mars/chap04.htm|título=The Planet Mars: A History of Observation and Discovery - Chapter 4: Areographers|author=William Sheehan| dataacceso=07-09-2007}}</ref>
 
== Variacións estacionais ==
 
[[Ficheiro:Bright Streaks in Syrtis Major.JPG|250px| thumb||dereita|Estelas brillantes de po e area causadas polo vento na rexión de Syrtis Major, fotografía da sonda [[THEMIS]].]]
Syrtis Major foi obxecto de moitas observacións debido ós seus cambios estacionais e as súas variacións de longo tempo. Antigamente isto levou a teorías que dicían que se trataba dun mar pouco profundo ou que estas variación eran debidas a existencia de vexetación que mudaba coas estacións. Pero coa chegada da era das sondas, os científicos comprobaron que estas variacións eran debidas a area e o po transportados polo vento. Moitos destes depósitos inclúen halos e estelas de cores vivos que se forman a sotavento dos cráteres de impacto. Estes depósitos son o resultado das alteracións e desviacións que os ventos sofren ó atoparse coas cristas máis elevadas dos cráteres de impacto.<ref name="THEMIS"/>
 
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Arabia Terra]]
* [[Isidis Planitia]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.google.com/mars/#lat=11.178401&lon=66.181640&zoom=4&map=visible&q=Syrtis%20Major%20Planum Syrtis Major map at ''Google Mars''] {{en}}
* [http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mola_regional_boundaries.pdf Mapa coas fronteiras das rexións de Marte]
* [http://pubs.usgs.gov/imap/i2782/i2782_sh1.pdf Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte]] {{en}}
* [http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mc13_mola.pdf Mapa en detalle do cuadrante MC-13 de Marte, o cuadrante Syrtis Major]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Plana de Marte]]