Juan Vázquez de Mella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Juan Vázquez de Mella Fanjul''', nado en [[Cangas de Onís]] o [[8 de xuño]] de [[1861]] e falecido en [[Madrid]] o [[26 de febreiro]] de [[1928]], foi un político tradicionalista, escritor e filósofo católico español.
 
== Traxectoria ==
Fillo de Juan Vázquez de Mella Varela, tenente coronel retirado natural de [[Boimorto]], e de Teresa Fanjul, nada en Cangas de Onís. Quedou orfo de pai con seis anos. Estudou no seminario de Valdediós entre 1874 e 1877, e rematado o bacharelato trasladouse coa súa nai a [[Boimorto]]. Fixo a carreira de Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] onde dirixiu o periódico ''[[El Pensamiento Galaico]]''. De elocuente palabra, portentosa memoria e brillante capacidade para a oratoria e a política, abrazou a causa do [[carlismo]]. Deputado ás Cortes de 1893 a 1916, elixido polos distritos de Aoiz, Estella e varias veces por Pamplona. Cando presentou a súa candidatura a deputado por Oviedo foi derrotado pola coalición que reformistas e socialistas presentaron contra os conservadores. Presentou ás Cortes de Madrid unha vigorosa petición solicitando que fose declarada ilegal, facciosa e traidora á Patria a [[Masonería]], eliminando dos empregos públicos aos masóns. Participou no Congreso antimasónico de Trento en 1896<ref>[http://web.archive.org/20080402051635/www.geocities.com/mariofb2/anio2003/custodia4/congreso1896.htm El Congreso Animasónico de Trento de 1896, por José María de Domingo-Arnau y Rovira]</ref>.
 
Liña 9:
Coa [[ditadura de Primo de Rivera]] apártase da política, debido tamén a problemas de saude.
 
== Pensamento ==
As ideas centrais no seu pensamento eran a Tradición, a monarquía, a unidade de España a través do rexionalismo e do foralismo e a concepción orgánica da sociedade onde se reclama a soberanía non para o Estado senón para a sociedade a través das súas organizacións naturais: a familia, o municipio, a rexión.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Juan Vázquez de Mella}}
=== Bibliografía ===
* [[Osvaldo Lira|Lira, Osvaldo]], ''Nostalgia de Vázquez de Mella'', Difusión Chilena [Colección Verbo], [[Santiago de Chile]] 1942, 239 págs. 2ª edición, Editorial Andrés Bello, Santiago de Chile 1979, 363 págs.
* Arduengo Caso, José, ''Juan Vázquez de Mella y Fanjul. (Pensamiento filosófico)'', 1984.
* Sevilla Benito, Francisco, ''Sociedad y regionalismo en Vázquez de Mella. La sistematización doctrinal del carlismo'', 2008.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://carlismo.es/circulomella Círculo Cultural Juan Vázquez de Mella]
* [http://as.filosofia.net/mella.htm Juan Vázquez de Mella 1861-1928] en filosofía.net
 
{{ORDENAR:Vazquez de Mella, Juan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Carlismo]]
[[Categoría:Políticos de España]]