Organización Meteorolóxica Mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da ca.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2015 ás 00:49

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), coñecida coas siglas WMO (do inglés: World Meteorological Organization) é unha organización intergobernamental dependente da ONU, creada no ano 1950 e que na actualidade conta cun total de 191 territorios e estados membros.[1]

Bandeira da OMM.

A OMM é herdeira da antiga Organización Meteorolóxica Internacional (OMI), fundada en Viena (Austria) no ano 1873. A OMM ten a súa sede central na cidade de Xenebra (Suíza). No 14º congreso celebrado en Xenebra en maio de 2003, foron escollidos como secretario xeral e presidente o francés Michel Jarraud e o ruso Alexander Bedritsky, respectivamente.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas