Urobilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 38:
A '''urobilina''' ou '''urocromo''' é un composto [[tetrapirrol|tetrapirrólico]] linear amarelo. A urobilina e o composto relacionado [[urobilinóxeno]] son produtos da degradación do grupo tetrapirrólico cíclico [[hemo]]. A urobilina excrétase na [[urina]] e é o principal responsable da súa cor amarelada.
 
== Metabolismo ==
 
A urobilina xérase durante a degradación do grupo [[hemo]], o cal se transforma primeiro en [[biliverdina]] e despois en [[bilirrubina]]. A bilirrubina é despois excretada coa [[bile]], a cal é degradada polos microbios presentes no intestino groso a [[urobilinóxeno]], e este reabsorbido no torrente sanguíneo, onde se converte en urobilina, que finalmente se excreta polos [[ril]]es.<ref name="Voet">{{citeCita booklibro
| title = Principles of Biochemistry, Third edition
| chapter = Synthesis and degradation of amino acids
Liña 52:
}}</ref>
 
== Importancia ==
 
En moitas análises de urina mídese a cantidade de urobilina presente na mostra, xa que os seus niveis poden dar unha indicación do funcionamento das funcións renais. Normalmente, a urina debería aparecer con cor lixeiramente amarela ou case incolora. Cando se inxire pouca auga durante un tempo, por exemplo despois de durmir varias horas ou por deshidratación, redúcese a cantidade de auga na urina, polo que se concentra a urobilina e a cor da urina é máis escura. A [[ictericia obstrutiva]] reduce a excreción de bilirrubina biliar, a cal é despois excretada directamente desde o sangue á urina durante a filtración renal, o que lle dá á urina unha cor escura pero, paradoxalmente, cunha concentración baixa de urobilina, ningún urobilinóxeno, e xeralmente cunha deposición de feces de cor pálida. Unha urina máis escura tamén se pode orixinar por causa doutros produtos químicos, como diversos compoñentes da dieta ou fármacos, [[porfirina]]s na [[porfiria]], e o [[homoxentisato]] en pacientes con [[alcaptonuria]].
Liña 64:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Pigmento biliar]]
* [[Bilirrubina]]
Liña 70:
* [[Hemo]]
* [[Estercobilina]]
 
 
[[Categoría:Tetrapirrois]]