Lérez, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 13:
'''San Salvador de Lérez''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Pontevedra]]. Segundo os datos do [[INE]] a 1 de xaneiro de [[2008]] tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[2007]] cando tiña 1.771 habitantes.
 
== Historia ==
A [[Camiño portugués|ruta portuguesa]] do [[camiño de Santiago]] correspóndese ao seu paso pola parroquia coa [[vía romana XIX]] do [[itinerario de Antonino]].
 
Liña 20:
En 1925 foi creada a [[Caja Rural de Lérez]], que permaneceu activa até 1936, sendo pechada tralo [[Alzamento Nacional]]. O 10 de setembro dese mesmo ano, no contexto da [[guerra civil española]], apareceu morto no lugar da Gándara Juan Magdalena García, labrego de 36 anos veciño de Cerponzóns, que foi paseado<ref>[http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/8136/ Ficha] na web do proxecto [[As vítimas, os nomes, as voces e os lugares]].</ref>.
 
== Patrimonio ==
No lugar de Casaldarado estaba o [[castelo de Cedofeita]], de importancia entre o [[século X]] e o [[século XIII]].
 
O [[mosteiro de San Salvador de Lérez]], situado nun outeiro sobre o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]], aparece documentado desde finais do [[século IX]]. Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai [[Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|Xerónimo Feijoo]] ou o pai [[Frei Martín Sarmiento|Martín Sarmiento]]. Trala [[desamortización de Mendizábal]], os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial. Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa.
 
== Festas ==
O [[11 de xullo]], día de [[San Bieito]], celébrase a [[romaría de San Benitiño de Lérez]], onde os fieis van curar as [[espulla]]s e a pedir saúde ao "santo máis milagreiro".
 
== Deporte ==
O C.D. Lérez é un dos equipos de fútbol decanos da cidade, sendo creado en [[1913]].
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Lérez ===
{{Lp Lérez}}
=== Parroquias de Pontevedra ===
{{PontevedraConcello}}
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Pontevedra]]
 
[[Categoría:Parroquias de Pontevedra]]