Cesantes, Redondela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Camiño Portugués
Liña 10:
}}
'''San Pedro de Cesantes''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Redondela]].
A parroquia de Cesantes limita ao Norte con SoutoxustoSoutoxuste ([[O Viso, Redondela]]), ao leste coa parroquia do [[O Viso, Redondela|Viso]], ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de [[Illa de San Simón|San Simón]] e [[Illa de San Antón|San Antón]]. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de ''"Os-Tras"'', que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.
 
Os seus principais barrios son [[Outeiro das Penas, Cesantes, Redondela|Outeiro das Penas]], [[Carballiño, Cesantes, Redondela|Carballiño]], [[O Coto, Cesantes, Redondela|O Coto]] e [[San Pedro, Cesantes, Redondela|San Pedro]], pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da [[illa de San Simón]], que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesares de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Conta con porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un pantalán.
Liña 64:
 
[[Categoría:Parroquias de Redondela]]
[[Categoría:Localidades do Camiño Portugués]]