Begonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 63:
 
===Asentamentos===
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao [[-3500|3500 a. C.]]), así como da ocupación romana. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-[[fortaleza de Baamonde]] e o [[castelo de Saavedra]], onde fixo noite [[Vermudo II]] cando veu conquistar o [[castelo de Aguiar]], e onde ditou sentenciasentenza familiar [[Afonso V o Nobre|Afonso V]]. Os [[irmandiños]] intentaron tomalo, pero foron derrotados.
 
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela, sendo inaugurada a estrada Madrid - A Coruña en 1773, substituíndo o antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a [[camiño do Norte|vía do Norte]] do [[camiño de Santiago]].