Salgadura (miniserie): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Título en cursiva}} {{Filme | título = Salgadura | títuloorixinal = Salgadura | imaxe = | descrición = | director = Jesús Font | produtor = | guión =..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2013 ás 12:50

Salgadura (na versión catalá Salaó) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luis Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constela. Foi rodada no Grove.

Salgadura
Ficha técnica
Título orixinalSalgadura
DirectorJesús Font
GuiónMiguelanxo Murado
Carme Abarca
IntérpretesLuis Iglesia
María Castro
Luis Zahera
Belén Constela
EstudioContinental Producciones
Dream Team Concept
DistribuidoraTVG
TV3
Estrea1º parte: 24 de setembro de 2013
2º parte: 1 de outubro de 2013
OrixeGalicia Galicia
Cataluña Cataluña
XéneroDrama, histórico
Orzamento€181.034[1]
Na rede
IMDB: tt2227736 Filmaffinity: 495708 Editar o valor em Wikidata

Argumento

Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.

Personaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas