Bianca e Fernando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 138:
 
== Características xerais ==
Esta ópera é pouco coñecida e nalgúns aspectos inmadura, sen embargo ''Bianca e Fernando'' contén o xérmoloxermolo de moitos dos rasgos característicos da personalidade de Bellini. A partir do argumento que, se ben faise innecesariamente complicado, xira en torno ao tema predilecto da recomposición dun universo de afectos desgarradores: neste caso a reunificación da familia do duque Carlo, desmembrada polas intrigas de Filippo. Este tema é central na súa ópera ''[[Zaira]]'', baseada nun tema sorprendentemente similar, e é diversamente abordado en ''[[La sonnambula]]'' e ''[[Norma (ópera)|Norma]]''.
 
Todo o drama tende polo tanto ao encontro entre os dous irmáns e á sucesiva escena do cárcere, na que se encontran co seu pai, ao que crían morto. A maior parte desta ópera, incluso musicalmente, dá comezo co dueto de Bianca e Fernando, que espertou o entusiasmo do público napolitano, e cuxo implacable diálogo alcanza unha temperatura moi alta -incluso máis que as partes pechadas- , anticipando en termos de sínteses a gran forza dramática declamó [[Giuseppe Verdi | verdiano]]
Liña 146:
 
=== Antecedentes ===
O ambicioso Filippo encerrou no cárcere a Carlo, duque de Agrixento, para usurpar o trono. Fernando, fillo de Carlo, foi levado posteriormente ao desterro sendo un neno, metresmentres que Bianca, a súa filla, viúva do duque de [[Messina]] e nai do pequeno Enrico, ignorando a trama de Filippo accedeu a converterse na súa esposa. Fernando, agora adulto, regresa á súa patria co propósito de vingar ao seu pai, a quen cría morto.
 
=== Acto I ===
Liña 154:
 
=== Acto II ===
Filippo ordena ao falso Adolfo que acuda á prisión para matar a Carlo, anunciandolleanunciándolle tamén a inminente voda con Bianca. O vello confidente Clemente informa a Fernando de que Bianca desexa velo. Finalmente os irmáns se encontran cara a cara. Cando se recoñecen, Fernando revela a Bianca a trama de Filippo. Os dous se dirixen ao cárcere para liberar a Carlo, seguidos polo compañeiro de armas de Fernando, cando aparece Filippo co pequeno Enrico, ameazando con matalo se Fernando non se rende. Sen embargo Clemente o desarma e o tirano é derrocado finalmente.
 
== Arias célebres ==