Priego: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 10 de outubro de 2012 ás 23:47
- Para o municipio cordobés, véxase Priego de Córdoba
Priego é un municipio de España, na provincia de Cuenca, Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha área de 80,91 km² cunha poboación de 1.138 habitantes (INE 2009) e unha densidade de 14,47 hab/km². É un dos pobos máis atractivos da provincia de Cuenca pola súa riqueza monumental. En Priego trabállase sobre todo o vimbio.
Demografía
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2007 | 2010 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1132 | 1025 | 994 | 1052 | 1114 | 1124 |
Historia
Priego fundouse na Idade Media, conta cun castelo, unha fonte e unha ponte romana.
Persoeiros
- Luis Ocaña: ciclista pricense gañador dun Tour de Francia e varias competicións máis, como a Vuelta a España.
- Diego Jesús Jiménez: poeta gañador de varios premios de poesía entre eles o Premio Glauca.
- Eduardo Ladrón de Guevara: deseñador de moda.