George W. Bush: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 37:
 
=== Campaña electoral de 2000 ===
Foi no ano [[2000]] cando Bush decidiu que era o momento adecuado para converterse no candidato republicano á presidencia dos [[Estados Unidos]]. Aínda antes de presentarse, xa era o favorito en tódalas enquisas. Bush centrou a súa campaña na baixada de impostos, a posibilidade de selección de centros educativos por parte dos pais (de pago), a potenciación da extracción de [[petróleo]] en [[Alasca - Alaska|Alaska]] e a reforma das [[Forzas Armadas]].
 
Bush perdeu as eleccións primarias en [[New Hampshire]] (contra [[John McCain]], de [[Arizona]]), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a [[Dick Cheney]] e iniciou unha intensa campaña.
 
O [[7 de novembro]] do ano [[2000]], o día das eleccións, pensouse nun principio que os votos do estado de [[Florida]] irían para o [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|Partido Demócrata]] co seu candidato [[Al Gore]]. Logo, as televisións anunciaron que ese estado correspondía a Bush. En último lugar, afirmaron que non había diferencia dabondo para confirmar a vitoria de ningún candidato. Iniciouse así unha importante polémica. Houbo queixas por parte dos dous partidos: as papeletas eran confusas, as máquinas de votar non funcionaban ben, os votos dos residentes no exterior daban problemas e moitos votantes non puideron exerce-lo seu dereito porque llo prohibiron de forma irregular.
 
Para intentar solucionar estes problemas, tódolos votos do estado de Florida se fixeron pasar por unha máquina de reconto, que deu como gañador a Bush. Pero aquí non rematou todo, porque varios [[Condado|condados]] onde a marxe era moi estreita tiveron que volver facer un reconto manual. O [[9 de decembro]] a xustiza estadounidense paralizou este reconto e deu por válidos os resultados da máquina de reconto, co que Bush se converteu no gañador no Estado de Florida, e tamén no conxunto do país.