Gregorio Ferro: Diferenzas entre revisións

pintor español
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
traduzo de es:Gregorio Ferro e completo coas referencias
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2011 ás 18:47

Gregorio Ferro, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.

Martirio de san Sebastián, óleo sobre lenzo (193 x 108 cm), Madrid, Museo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai. Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servinte ou "rapaz de sacristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura. Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Antonio Mengs. Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gaño varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián. En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais de outras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas