Concepto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Liña 6:
As cousas únicas e irrepetibles non se poden conceptualizar desde premisas, usando a capacidade da mente de [[inferencia|inferilos]]. Neste caso, o cerebro debe percorrer ás sensacións derivadas dos cinco sentidos principais e asignar unha 'etiqueta' para poder aludir de forma inequívoca á combinación exacta de [[sensación]]s que nos espertaron a [[curiosidade]] de conceptualizar iso en concreto. Polo tanto nace o que se coñece como [[nome propio]].
 
A efectos da [[lóxica]], as palabras que significan conceptos universais considéranse como [[clase]]. Os nomes propios considéranse coma unha [[clase universal]] formada por un só individuo ou obxecto, así é que mediante os conceptos [[clasificación|clasificamos]] as cousas e [[orde|ordenamos]] o [[mundo]].
 
As relacións entre as [[palabra]]s e os conceptos son complexas e variables, pois non sempre a mesma palabra significa o mesmo concepto; un mesmo concepto pode expresarse con varias palabras e formas de expresión. A expresión dun mesmo concepto pode variar de forma importante segundo o [[idioma]] en que se exprese.
 
Na súa máxima [[abstracción]], cando carecen de contido material algúns son [[conceptos formais]]. Tamén se lles chama [[ideas]] cando se pretende sinalar ese carácter universal como algo [[obxectivo]] e non meramente subxectivo.
 
Así, temos conceptos:
 
#Mediante [[palabra]]s e outorgarlle ou non un [[valor]] [[moral]].
#[[matemáticas|matemática]], cando a similitude se pode reducir a un conxunto de propiedades formais.
#[[física|físico]].
#[[moeda|monetario]].
#[[ética|ético]].
#De calquera outra índole.
 
==Proceso de formación do concepto==
O proceso de formación do concepto comeza cando un [[suxeito]] se sitúa fronte a un obxecto de [[coñecemento]]. O contacto lévase a cabo mediante os sentidos, que nos permiten obter as características accidentais (cor, tamaño, forma, sabor, cheiro) do obxecto. Deste xeito lógrase a representación sensible ou [[imaxe]], que pode ser recordada pola [[memoria]] coas mesmas características que o obxecto posúe. Pero neste proceso interveñen os sentidos, tamén esta presenta a [[razón]], que nos abre a posibilidade de observar as características esenciais do obxecto que nos leva á formación do concepto.
 
Fórmase por medio da organización racional dos datos obtidos, que se constitúen nunha unidade. É dinámico, xa que se enriquece cos novos descubrimentos que sobre un obxecto fanse.
 
Fórmase por medio da organización racional dos datos obtidos, que se constitúen nunha unidade. É dinámico, xa que se enriquece cos novos descubrimentos que se fan sobre un obxecto fanse.
Para clarificar o que é un concepto é necesario distinguilo de certos elementos cos cales se tende a confundir.
 
==Véxase tamén==