Abrir o menú principal

Cambios

lig. int.
 
==Traxectoria==
Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a [[Cuba]] instalouse na [[Coruña]], onde foi correspondente de ''[[El Pueblo Gallego]]'', dirixiu en [[Lugo]] o semanario republicano ''[[Guión (Lugo)|Guión]]'' (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da [[masonería]], traballou como secretario do seu irmán, o político [[César López Otero]] e con el foi o promotor da constitución do concello de [[Ribeira de Piquín]], constituído o [[5 de marzo]] de [[1935]]. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|anteproxecto do Estatuto de Autonomía]] para a Asemblea que convocara o concello de [[Santiago de Compostela]] en [[1932]] e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois pertencer á [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] e á [[Federación Republicana Gallega]], foi secretario xeral do [[Partido Republicano Gallego]] entre 1933 e 1934, ata que se integrou en [[Izquierda Republicana]].
 
Detido a raíz do levantamento de 1936, morreu ese mesmo ano no hospital de Lugo, onde fora internado como preso.
53.484

edicións