Literatura anglosaxoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
A literatura anglosaxoa pasou por diferentes períodos de investigación. No [[século XIX]] e a comezos do [[século XX]] a investigación centrábase nas raíces xermánicas do inglés, posteriormente fíxose fincapé nos méritos literarios, e hoxe a investigación está centrada na [[paleografía]] e nos propios manuscritos físicos: os filólogos debaten asuntos como a datación, lugar de orixe, autoría, e as conexións entre a cultura anglosaxoa e o resto de [[Europa]] na [[Idade Media]].
 
Os primeirostextos traballosmáis antigos en [[Lingua inglesa|inglés]] datan do [[século V]] d.C e son de carácter epigráfico. Trátanse de pequenas inscripcións escritas co [[alfabeto rúnico]] anglosaxón ou ''fuþorc'' e sen intencións literarias. O [[alfabeto latino]] foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns e canda el o cultivo literario do inglés. Os primeiros traballos literarios datan do [[século VII]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[Northumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "''scope''" ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias. Coa chegada do cristianismo e tras a súa aceptación polos líderes anglosaxóns construíronse numerosos mosteiros por toda [[Inglaterra]] nos que os primeiros cristiáns recolleron en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, incorporando aos textos alusións ao [[cristianismo]] coa intención de predicaren a súa doutrina.
 
=== Lírica ===
 
Principalmente foron cultivados catro xéneros: a [[poesía épica]], a [[poesía elexíaca]], a [[poesía gnómica]] (máximas e adiviñanzas), e en menor medida, a [[prosa]] por mor de ser o [[latín]] a lingua oficial da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da [[literatura anglosaxoa]] que se agrupa en catro manuscritos principais:
 
* O [[manuscrito de Beowulf]].
* O [[manuscrito de Junius]].
* O [[libro de Éxeter]].
* O [[libro de Vercelly]].
 
Os primeiros textos escritos en [[inglés antigo]] encontrámolos non en manuscritos senón gravados na [[pedra]]. Trátanse de pequenas inscripcións, empregando o [[alfabeto rúnico]], sen intencións literarias. O [[alfabeto latino]] foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns chegados de [[Roma]] e canda el o cultivo literario do inglés.
Coa chegada dos primeiros cristiáns e trala súa aceptación por parte dos líderes anglosaxóns comezan a ser construídos por toda [[Inglaterra]] igrexas e mosteiros ([[século VII]]). Neles, estes primeiros cristiáns serán os encargados de perpetuaren en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, na meirande parte das veces incorporando aos textos simboloxía cristiá e alusións ao [[cristianismo]] coa fin de predicaren a súa doutrina.
 
Dentro da [[poesía épica]] destaca o [[poema]] coñecido, que non titulado, como "[[Beowulf]]". Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do [[século VI]] ou [[século VII|VII]] nalgunha corte cristiá ou [[mosteiro]] de [[Mercia]] ou [[Northumbria]]. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un [[cristián]] debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, [[clásico]] [[heroe]] [[xermánico]], que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa [[nai]]. Beowulf é finalmente derrotado por un [[dragón]] e o poema remata traxicamente.
O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os [[viquingo]]s no ano [[991]]. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.
 
Exemplo dun fragmento de texto tirado do poema "Beowulf":
{{Start box}}
| Him þa ellenrof andswarode,<br />