Pobo chukchi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tradución do artigo da Wikipedia en portugués pt:Chukchis
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2011 ás 16:38

Os chukchis ou Chukchee (en ruso: чукчи (plural) e чукча (singular)) son nómades nativos de Siberia (Rusia). Son cazadores de renos e viven en tendas de pel de reno, que son ben vedadas para reter a calor. Habitan na Península Chukchi e no litoral do Mar de Chukchi e Mar de Bering, Océano Ártico. As súas orixes veñen dos habitantes da área do Mar de Ojotsk.

Nome

A denominación Chukchi é unha adaptación ao ruso da palabra chauchu, do Chukoto, "ricos en renos". Os Chukchis chámanse a si mesmos /ɬəɣʔorawətɬʔat/ (singular /ɬəɣʔorawətɬʔan/), "o pobo verdadeiro".

Grupos

Hai dous grupos de Chukchis: Os da tundra ou do interior, que son os Chavchu (criadores de renos); os do litoral, que son os Ankalyn. O conxunto dos dous grupos é denominado Lygoravetlyan ou Luorawetlan.

Idiomas

A grande maioría dos Chavchu fala Chukoto e resístese ao uso da Lingua rusa e tamén á cultura rusa. Os Ankalyn menores de 50 anos na súa maioría falan ruso, ademais de Chukoto. Entre todos os Chukchis hai varios que falan Yakut, Lamut e/ou Yukaghir.