Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Manuel García Blanco''', nado o [[19 de decembro]] do anode [[1882]] no [[castelo de Pambre]] (lugare finado en d'[[A TorreLugo]], [[Palasen de Rei]], [[Lugo1974]]), pertencente á súa familia dende o anomesmo 1702.mes Finoue nadía cidadedo deseu Lugo no ano 1974nacemento, ofoi mesmoun mespersonaxe eda díavida docultural seu nacementogalega.
 
 
 
== Traxectoria ==
===Formación===
 
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, véndose influído polo maxisterio intelectual de [[Francisco Giner de los Ríos]], filósofo, pedagogo e ensaísta español, fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]].
 
Doutorouse no ano 1907 coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''.
 
 
===Ingreso e exercicio na Administración do Estado===
 
Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, cedo viu cumprido o anceio de voltar á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de Lugo deica se xubilar.
 
 
===Primeiros escritos===
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos 1903 e 1915.
 
Liña 22 ⟶ 16:
 
As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, histórica, asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e filoloxía foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacencia-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
 
 
===As ''Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega''===
No ano 1912 publicou ''[[Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega]]'', asinado baixo as iniciais M. G. B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[El Heralddo de Vigo]]''.
 
Sen que, non embarganteobstante, acadara a trascendencia necesaria, sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan poderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego<ref>Alonso Montero, Xesús: in Gran Enciclopedia Gallega, "García Blanco, Manuel" (Silverio Cañada Edit.; Xixón 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - Diario de Pontevedra, 2003)</ref>.
 
 
====Tradución ao galego====
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra]]'', órgaoórgano voceiro decenario das [[Irmandades da Fala]], correspondente ao 10 de marzo do ano 1917, anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', por motivos que se nos escapan só se editará a primeira delas, no número 17 da revista, do 30 de abril do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que
 
''"Trata d'un modo maxistral do estado de deixadés á que ten chegado o noso idioma materno e do xeito pra achegarnos ao seu rexurdimento. Con algunhas apreciacións do autor non estamos conformes<ref>Polos comentarios da redaccion de A Nosa Terra publicados ao pé da primeira -e única- entrega publicada, as disensións parecían facer referencia maiormente ao pesimismo de García Blanco a teor do proceso de recuperación da lingua, no que as Irmandades apreciaban un meirande progreso.</ref>, mais é merecente dos nosos laudes a ansia querendosa que quer espertar nas almas dos bos galegos pra que afinquemos na fonte esgrevia da nosa nobre fala a persoalidade de Galicia [...] os nosos suscritores hannos d'agradecer que pol-a nosa mediación conozan tan proveitoso e patriótico traballo.
Liña 39 ⟶ 31:
:::''Suidosos e brandos''
::::::::''Pondal"''<ref>Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.</ref>
 
 
===Deriva académica e cesura na publicación===
Liña 45 ⟶ 36:
 
Malia esta contrariedade, exercerá como Profesor de diversas materias (latín, francés e outras especialidades) no Instituto de Lugo, tarefa que tomará con gosto como unha agradábel actividade complementaria que lle permite incrementar os ingresos do salario oficial á par que rachar co prosaico do traballo oficinesco, facéndoo merecente da agarimosa lembranza de varias xeracións de alumnos que non deixarán de agradecer o seu maxisterio mesmo en escritos publicados moitas décadas despois.
 
 
===O ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''===
 
Xa no ano 1940, dentro do Servicio de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico e toponímico da provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no 1944 as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüísta galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
 
===Vida persoal e familiar===
 
Modesto e pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a interesada ollada dos seus alumnos.
 
Liña 59 ⟶ 46:
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desfacerse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
[[Categoría:Personalidades de Galicia]]
 
{{seniw}}