Moncelos, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxiño
m Corribot: Cambiando: "ubic*".; cambios estética
Liña 15:
Pertence ao arciprestado de Baroncelle e está composta por 10 entidades de poboación e 9 lugares. No ano 2004 tiña 246 habitantes, cunha densidade de 36'2 hab/Km².
 
== Xeografía ==
* As entidades son A Cañoteira (2), A Casavella (8), Moar (27), Redemuíños (9), Ribela (27), Os Tarraxís (53), O Valado (26), As Veiguiñas (18), Xubín (36) e Zoñán (40).
 
* Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son O Alto, Carba, As Cargas, O Carragal, O Fermín, O Formigueiro, A Furada, As Golpilleiras e Sinde.
 
O lugar de maior altitude é Argán (585 m).
 
== Patrimonio ==
* A '''igrexa parroquial de Santiago de Moncelos''', situada na aldea dos Tarraxís, é de rechamancia, ao igual que o cruceiro da mesma aldea, pola súa ubicacionlocalizacion sobor dun antigo [[castro (poboado)|castro]]. Construída no [[século XVI]], sufriu profundas transformacións e engadidos posteriores. De planta rectangular, consta dunha nave con capelas laterais e capela maior, a carón da cal se encontra a sancristía. A nave e a capela maior están cubertas de [[cachotaría]] de lousa a dúas e tres augas respectivamente. Diante da fachada hai un pórtico e sobre o muro do mesmo, unha espadaña dun corpo con dous vans a que se accede por unha torreta circular adosada, na que se encerra unha escaleira de caracol. A porta principal esta adintelada. No interior destacan o [[arco (arquitectura)|arco]] triunfal de medio punto e os arcos das capelas laterais. Púlpito con base de pedra pintada, o rústico pavimento de lastras e o interesante retablo maior barroco do [[século XVIII]], procedente da igrexa do [[mosteiro de Meira]], ademais do retablo lateral plateresco popular do [[século XVII]].
 
=== Cruceiros ===
* O Cruceiro, ao que se accede dende Abadín en dirección a Vilalba pola estrada [[N-634]], para logo tornar dirección Moncelos-Lugo pola estrada LU-VP1201. É a 8,5 km. cara á dereita sinalizado. Logo a 700 metros desvíase á esquerda sen sinalizar e a 150 metros está o cruceiro, realizado en granito. De cruz coa figura de Cristo crucificado, coa presenza dunha cabeza aos seus pés, e a Virxe Inmaculada no reverso; capitel de estilo [[orde xónica|xónico]] con volutas nas esquinas, e fuste cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, escaleira e lanza); a base, de forma cúbica, conten unha inscrición coa data do 1867.
 
* O Carragal dispón tamén dun cruceiro, ao que se accede dende o núcleo de Abadín en dirección Vilalba pola estrada N-634, e a 200 metros cóllese o desvío á esquerda dirección Moncelos pola estrada LU-VP1201. A 8 km cóllese o desvío á dereita con dirección a Rábade, e a 1,2 km na marxe esquerda da estrada está o cruceiro, realizado en granito. Cruz florenzada coa figura de Cristo e unha figura máis pequena aos seus pés no anverso, e a figura da Piedade no reverso; capitel con anxos aos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal cunha figura e os instrumentos da Paixón; apóiase directamente sobre unha base tronco-piramidal. Non ten inscrición nin data.
 
* No Valado, hai outro cruceiro realizado en granito. Coa cruz florenzada con Cristo no anverso; capitel sinxelo con arestas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza, cravos, martelo, tenaces e escaleira; con base cúbica sen inscricións.
 
== Lugares e Parroquias ==
=== Lugares de Moncelos ===
{{Lp Moncelos}}
=== Parroquias de Abadín ===
[[Ficheiro:Parroquias de Abadin.png|thumb|right|As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.]]
{{Abadín}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Abadín]]
 
[[Categoría:Parroquias de Abadín]]